Publicación relación candidatos e apertura de prazo presentación solicitudes
EXP: 2025/E001/000011
ANUNCIO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL
ASUNTO: PUBLICACIÓN DA listaxe de candidatos REMITIDA POLO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA e apertura do prazo de presentación de solicitudes.
ExpTE.: CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO, DUN/DUNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVO PARA OS PROCEDEMENTOS DE XESTIÓN DA BIOMASA NAS REDES DE FAIXAS SECUNDARIAS.
EXPTE.: 2025/E001/000011
ExpTE. solicitude subv.: 2025/A008/000037
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 19 DE NOVEMBRO DE 2025.
listaxe de candidatos REMITIDA POLO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA
(Oferta de emprego núm. 12-2025-10944)
|
Candidatos |
|
ANTELO MOREIRA, MARTA |
|
PIÑÓN BUGEIRO, SUSANA |
De conformidade co disposto na Base 4ª da convocatoria para a contratación dun/dunha auxiliar administrativo para os procedementos de xestión da biomasa nas redes de faixas secundarias ao abeiro da ORDE do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento TR350E e TR349Z) publicado no DOG número 160 do 22 de agosto de 2025, expte.: TR350E-2025-00000006-00, unha vez remitida pola Oficina Pública de Emprego a listaxe de candidatos (Oferta de emprego núm. 12-2025-10944), esta faise pública, dispoñendo as persoas interesadas incluídas na mesma de tres días hábiles, a contar desde a publIcación do presente anuncio no taboleiro de anuncios do concello, para presentar a súa solicitude de participación no proceso de selección.
As solicitudes de participación presentaranse, no modelo que pode atoparse na sede electrónica do Concello de Camariñas no apartado “Emprego Público e recursos humanos”: “Convocatoria de persoal” ou no seguinte enlace: https://sede.camarinas.net/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/Convocatoriadeselecciondepersonal_N, dirixidas á sra. Alcaldesa-Presidenta, e virá acompañada da documentación establecida na base 4ª da convocatoria:
Camariñas, asinado dixitalmente en data 19 de novembro de 2025 pola Alcaldesa, Dª Sandra Insua Rial.