Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

21:12:29 Jueves 4 de diciembre 2025

Información

SECRETARÍA

04/12/2025

Designación xurado de selección de memorias presentadas XXXII Concurso Noveis Deseñadores Moda

EXP: 2025/A002/000003

ANUNCIO

DESIGNACIÓN DO XURADO DE SELECCIÓN DE MEMORIAS PRESENTADAS NO XXXII CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES DE MODA.

EXPTE.: 2025/A002/000003

FECHA DE PUBLICACIÓN EN EL TABLÓN DE ANUNCIOS DEL AYUNTAMIENTO: 4 DE DECEMBRO DE 2025

A Alcaldía ditou en data 4 de decembro de 2025, o Decreto que a continuación se transcribe literalmente:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: DESIGNACIÓN DO XURADO DE SELECCIÓN DE MEMORIAS PRESENTADAS NO XXXII CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES DE MODA.

NÚM. EXPTE. DECRETO: 2025/G003/001054

EXPTE.: 2025/A002/000003

De conformidade co disposto na Base 6ª das bases do XXXII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda aprobadas na Xunta de Goberno Local celebrada o 3 de setembro de 2025 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 171 do 9 de setembro de 2025, esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente,

ACORDA:

Primeiro.- Designar aos membros do xurado de selección de memorias presentadas, quedando este integrado do seguinte xeito:

     Presidenta: Mª del Rosario Carrillo Vascoy, deseñadora.

     Suplente da Presidenta: Dª Ana Cabranes Álvarez, deseñadora.

     Vogais:   Dª Dolores Lema Mouzo, Directora da Mostra do Encaixe.

                   Dª Noemí Toba Martínez, adxunta a Dirección da Mostra.

     Vogal Suplente: Dª María del Carmen Quintana Bugallo, persoal laboral do Concello.

     Secretaria: Dª Lorena Rodríguez Valiña, persoal laboral do Concello.

     Secretario suplente: D. Victorino Nión Carril , persoal funcionario do Concello.

Segundo.- Que o Xurado se reúna para a súa constitución e para a selección de memorias presentadas, o próximo xoves, día 11 de decembro de 2025, ás 9:30 horas, na Casa do Concello de Camariñas.

Terceiro.- Publicar o presente decreto no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web do Concello de Camariñas.

Cuarto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do xurado.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Justificantes de Publicación: