Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

16:04:33 Lunes 22 de diciembre 2025

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

22/12/2025

Chamamento e requirimento de documentación a 1ª candidata da bolsa emprego AEDL

EXP: 2025/E001/000002

ANUNCIO DE CHAMAMENTO E REQUIRIMENTO DOCUMENTACIÓN A CANDIDATO BOLSA AEDL

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 18 DE DECEMBRO DE 2025.

PROCEDEMENTO: BOLSA DE EMPREGO PARA A PROVISIÓN DUN FUNCIONARIO/A INTERINO/A PARA A PRAZA DE AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL, GRUPO A2 PARA SUBSTITUCIÓN  DO CONCELLO DE CAMARIÑAS.

ASUNTO: CHAMAMENTO DA PRIMEIRA CANDIDATA DA BOLSA DE EMPREGO E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN.

EXPTE. TEDEC: 2025/E001/000002

MOTIVO DA SUBSTITUCIÓN: Baixa médica incapacidade temporal

 

De conformidade co disposto na providencia da Alcaldía de data 18/12/2025 e nas bases 8ª e 9ª da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de persoal funcionario interino, mediante oposición, de axente de emprego e desenvolvemento local, grupo A2, para substitución (artigo 10.1.b do TREBEP), publicada no BOP núm. 36 do 21/02/2025, por medio do presente procédese ao chamamento da candidata que figura en primeiro lugar na dita bolsa de emprego:

Requirindo a Dª BELÉN BLANCO TERNANDE, candidata que figura en primeiro lugar na bolsa de emprego, para que no prazo de tres (3)  días hábiles, a contar desde a publicación do chamamento no Taboleiro de anuncios e na web do Concello, presente a documentación a que se refire a base 9ª da convocatoria, co fin de proceder, no seu caso, ao seu nomeamento como funcionaria interina, na modalidade de substitución, como Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL).

Advertir ademais que deberá de comunicar para poder formalizar, no seu caso, o nomeamento o seu número de afiliación á Seguridade Social.

Camariñas, a asinado dixitalmente

A Alcaldesa

Sandra Insua Rial


Justificantes de Publicación: