Publicación resultado final do procedemento de selección de 4 peóns PEL 2026
EXP: 2026/E001/000003
ANUNCIO
RESULTADO FINAL DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E PROPOSTA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DE CATRO PEÓNS AO ABEIRO DA SUBVENCIÓN OUTORGADA POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA NO MARCO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL, ANUALIDADE 2026 (PEL-CONCELLOS 2026).
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 11 DE MAIO DE 2026.
EXPTE.: 2026/E001/000003
Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto na Base 8ª da convocatoria de selección de persoal laboral temporal de catro peóns ao abeiro da subvención concedida pola Deputación Provincial no marco do Programa PEL-CONCELLOS 2026, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía núm. 359/2026 de data 9 de abril de 2026 e publicadas no BOP núm. 68 do 14 de abril de 2026, unha vez efectuada a cualificación da fase de concurso e da fase de oposición, faise público o resultado final do procedemento.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.