Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

00:53:59 Viernes 5 de junio 2026

Información

Departamento persoal

02/06/2026

Listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluidos proceso selección peón condutor brigada

EXP: 2026/E001/000008

ANUNCIO

APROBACIÓN DA LISTAXE provisional DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN dun peón condutor DE BRIGADA PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026.

EXPTE.: 2026/E001/000008

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 2 DE XUÑO DE 2026.

          Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía núm. 552/2026 de data 2 de xuño de 2026, mediante o cal se acorda aprobar a listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso de selección dun peón condutor de brigada, decreto que a continuación se transcribe:

            “DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: APROBACIÓN DA LISTAXE provisional DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DUN PEÓN CONDUTOR DE BRIGADA ao abeiro do CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN (PEPAC) 2023-2027.

          EXPEDIENTE CONVOCATORIA: 2026/E001/000008

          Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 470/2026 de data 13/05/2026 se aprobaron a bases que rexen a convocatoria de selección para a contratación laboral temporal dun peón condutor de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

          Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 91 do 18/05/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.

          Considerando as condicións establecidas na base 3ª que rexe a convocatoria e visto que ten finalizado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no presente proceso selectivo, revisadas as mesmas, de conformidade co previsto na base quinta da convocatoria e en uso das competencias que me atribúe o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, pola presente,

ACORDO:

Primeiro.- Aprobar a seguinte listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso de selección dun peón condutor de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026,

Admitidos provisionalmente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

CELGA  1

1

BRIÓN GARCÍA, MANUEL ÁNGEL

***1632**

SI

2

LUACES CASTRO, DANIEL

***1541**

SI

3

POZA CRESPÍ, GONZALO

***1408**

SI

4

BLANCO MARTÍNEZ, ISMAEL

***1723**

NON

5

IGLESIAS CAAMAÑO, ROBERTO

***0392**

SI

6

CASTRO CURES, IKER

***5355**

SI

7

MAIGLER GARCÍA, ALBERTO

***8997***

NON

8

FERNÁNDEZ GÓMEZ, VIOLETA

***2680**

SI

Excluídos provisionalmente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

MOTIVO EXCLUSIÓN

1

REY FERNÁNDEZ, ALBERTO

***7811**

3

2

ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR PUGNAIRE, GONZALO

***5368**

1, 3

          Motivos da exclusión:

  1. Non presentar copia DNI (Base 4ª.2).
  2. Non acredita estar en posesión do permiso de conducir do tipo B.  Non presenta copia do carné de conducir (Base 3ª. b).
  3. Non presentar Anexo III das bases.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñece aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a correspondente resolución. Se nun momento posterior se desprende que non se posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos.

          Segundo.- Os aspirantes excluídos provisionalmente, así como os omitidos na relación de admitidos ou excluídos provisionais disporán dun prazo de 3 días hábiles, contados a partires do seguinte ao da publicación do presente decreto no Taboleiro de Anuncios do Concello, para subsanar os defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión das relacións de admitidos e excluídos provisionalmente.

          Terceiro: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción, no taboleiro de anuncios do Concello e, a efectos meramente informativos, na sede electrónica do Concello de Camariñas (sinalándose nesta a data de publicación no taboleiro de anuncios).

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

          Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.


Justificantes de Publicación: