Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

23:36:40 Jueves 25 de junio 2026

Información

Departamento persoal

25/06/2026

Public. decreto aceptación prop. tribunal contrat. requr. proceso selectivo peón condutor brigada

EXP: 2026/E001/000008

ANUNCIO

ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN dun PEÓN conductor DE BRIGADA AO ABEIRO DO CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026.

EXPTE.: 2026/E001/000008

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 25 DE XUÑO DE 2026.

          Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía de data 25 de xuño de 2026, mediante o cal se acorda aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación dos candidatos para o posto de peón condutor de brigada, decreto que a continuación se transcribe:

            “DECRETO DA ALCALDÍA

          Asunto: ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DUN PEÓN-CONDUTOR DE BRIGADA AO ABEIRO DO CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026.

          EXPEDIENTE: 2026/E001/000008

          Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección dun peón-condutor de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía núm. 470/2026 de data 13/05/2026 e publicadas no BOP número 91 do 18/05/2026.

          Resultando que en data 25/06/2026 foi publicada a acta do tribunal onde figura o resultado final do procedemento de selección, a relación de candidatos coas puntuacións totais acadadas, a relación de candidatos aprobados e a relación de candidatos propostos para a contratación.

          Considerando que a proposta de contratación dun peón-conductor de brigada que fai o tribunal baséase na puntuación total/final obtida polos aspirantes, sendo o proposto o primeiro aspirante da listaxe ordenada por puntuacións totais/finais, isto é:

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN TOTAL

1

IGLESIAS CAAMAÑO, ROBERTO

16

2

BLANCO MARTÍNEZ, ISMAEL

14

3

FERNÁNDEZ GÓMEZ, VIOLETA

7

4

LUACES CASTRO, DANIEL

7

          Vista, pois, a relación de candidatos aprobados e que o tribunal ten elevada a proposta de contratación do peón-condutor de brigada.

          De conformidade co disposto na base 8ª e 9ª da convocatoria, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

          Primeiro: Aceptar a listaxe de aprobados formulada polo tribunal cualificador no proceso de selección para a contratación dun peón-condutor de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026.

          Segundo: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación do seguinte candidato para o posto de xefe de brigada, segundo a puntuación final, de maior a menor, obtida polos aspirantes aprobados que a continuación se indica:

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN TOTAL

IGLESIAS CAAMAÑO, ROBERTO

16

          Terceiro: Aos efectos do previsto na Base 8ª da convocatoria, acéptase a proposta realizada polo tribunal e queda aprobada a Bolsa de emprego para a contratación dun peón-condutor de brigada, coa orde de chamamento de puntuación total final, de maior a menor, obtida polos aspirantes aprobados que a continuación se indica:

ORDE DE CHAMAMENTO

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN TOTAL

BLANCO MARTÍNEZ, ISMAEL

14

FERNÁNDEZ GÓMEZ, VIOLETA

7

LUACES CASTRO, DANIEL

7

          Cuarto: Requirir ao aspirante proposto para a contratación, D. Roberto Iglesias Caamaño, para que dentro do prazo máximo de 3 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, proceda a presentar a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.

          Quinto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.

          Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

          Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.


Justificantes de Publicación: