Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

10:11:31 Domingo 26 de julio 2026

Información

Departamento persoal

23/07/2026

Relación candidatos remitida polo SPEG para participar proceso selectivo aux. admvo/a Rural Activa

EXP: 2026/E001/000005

ANUNCIO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

listaxe de candidatos REMITIDA POLO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA e apertura do prazo de presentación de solicitudes.

ASUNTO: PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA O PROXECTO “PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FRANXAS SECUNDARIAS” (RURAL ACTIVO 2026), AO ABEIRO DA Orde do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural 2026 (PROGRAMA GALICIA SUMA TALENTO: RURAL ACTIVO).

EXPTE.: 2026/E001/000005

EXPTE. SOLICIT. SUBV.: 2026/A008/000018

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 23 DE XULLO DE 2026.

listaxe de candidatos REMITIDA POLO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA

(Oferta de emprego núm. 12-2026-7215)

Candidatos/as

BARREIRO VIGO, MARÍA ISABEL

LEMA MARTÍNEZ, RAQUEL

NOVO CIBRÁN, ANA

SOTO MEIRÁS, ANA BELÉN

          De conformidade co disposto na Base 4ª da convocatoria para a contratación dunha persoa auxiliar administrativa para o proxecto municipal “Prevención de incendios nas franxas secundarias” ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR351G), expte.: TR351G-2026-00000033-01, unha vez remitida pola Oficina Pública de Emprego a listaxe de candidatos (Oferta de emprego núm. 12-2026-7215), esta faise pública, dispoñendo as persoas interesadas incluídas na mesma de tres días hábiles, a contar desde a publIcación do presente anuncio no taboleiro de anuncios do concello, para presentar a súa solicitude de participación no proceso de selección.

          As solicitudes de participación presentaranse, no modelo que pode atoparse na sede electrónica do Concello de Camariñas no apartado “Emprego Público e recursos humanos/Convocatoria de persoal”, dirixidas a Alcaldía e virá acompañada da documentación a que fai referencia a base 4ª da convocatoria.

          As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral das oficinas municipais, no rexistro telemático da sede electrónica municipal ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, as persoas aspirantes deberán comunicalo mediante correo electrónico dirixido a correo@camarinas.net, achegando copia da solicitude rexistrada.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura ao marxe, pola Alcaldesa, Dª Sandra Insua Rial.


Justificantes de Publicación: