Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

10:11:54 Domingo 26 de julio 2026

Información

Departamento persoal

23/07/2026

Decreto aprob. listaxe definitiva aspirantes admitidos e excluídos procedemento coord. Rural Activo

EXP: 2026/E001/000004

ANUNCIO

ASUNTO: APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DUNHA PERSOA COORDINADORA PARA O PROXECTO "PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FRANXAS SECUNDARIAS" RURAL ACTIVO 2026  (TR351G).

          EXPTE TEDEC: 2026/E001/000004

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 23 DE XULLO DE 2026.

          De conformidade co disposto na Base 5ª da Convocatoria de selección para a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso, dunha persoa coordinadora para o proxecto municipal “Prevención de incendios nas franxas secundarias” Rural Activo 2026, faise público o Decreto da Alcaldía núm. 732/2026 de data 23 de xullo de 2026, mediante o cal se procede a designación dos membros do tribunal, se aproba a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo e se convoca ao tribunal para a valoración de méritos da fase de concurso, decreto que a continuación se transcribe:

           “DECRETO DA ALCALDÍA

          Asunto: APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DUNHA PERSOA COORDINADORA PARA O PROXECTO "PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FRANXAS SECUNDARIAS" RURAL ACTIVO 2026  (TR351G).

          EXPEDIENTE: 2026/E001/000004

          Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 522/2026 de data 27/05/2026 se aprobaron as bases que rexen a convocatoria de selección para a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso, dunha persoa coordinadora para o proxecto municipal “Prevención de incendios nas franxas secundarias”, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR351G).

          Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas en data 27/05/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.

          Visto que as relacións de candidatos remitidas polo SPEG (Oferta de emprego núm. 12-2026-5521) foron obxecto de publicación taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas en data 10/06/2026, 15/07/2026 e 21/07/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.

          Considerando que ten finalizado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no presente proceso selectivo, revisadas as mesmas e visto que o única aspirante que ten presentado a solicitude cumpre coas condicións establecidas na base 3ª e 4ª que rexe a convocatoria, de conformidade co previsto na base quinta da convocatoria e en uso das competencias que me atribúe o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, pola presente,

ACORDO:

          Primeiro.- Proceder á designación nominal dos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, titulares e suplentes, que serán os seguintes:

PRESIDENTA

Titular

Dª María Emilia García Maneiro, Interventora do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Francisco José Puga Bestilleiro, Técnico Deportivo do Concello de Camariñas

VOGAIS

Titular

Dª Alicia Queiro Pérez, Técnica Económico Financeira do Concello de Camariñas

 

Suplente

D. Luís Taboada Hervella, interventor do Concello de Brión

 

Titular

Dª Dolores Lema Mouzo, Director da Mostra do Encaixe de Camariñas

 

Suplente

D. Enrique Rodríguez Lapido, Secretario-Interventor do Concello de As Neves

 

Titular

Dª Alianza Trillo Cabrejo, Educadora Familiar do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Junquera Vázquez Casal, Psicóloga Departamento Servizos Sociais do Concello de Camariñas

SECRETARIA

Titular

Dª Eva Jardón López, Secretaria do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Margarita Seijas Carballal, Orientadora Laboral do Concello de Camariñas

          Segundo.- Aprobar a seguinte lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos para a contratación laboral temporal de dous peóns para o servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias,

Admitidos definitivamente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

CELGA 4

1

PÉREZ LEMA, ÁNGELA MARÍA

***1007**

SI

Excluídos definitivamente:

------------

          O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza a posesión dos requisitos esixidos. Se nun momento posterior se desprende que algunha persoa non posúe algún dos requisitos, decaerá en todos os dereitos derivados do procedemento.

          Segundo.- Que o Tribunal cualificador se reúna para a súa constitución e valoración de méritos alegados (fase de concurso) o día 29 de xullo de 2026, ás 9:00 horas, na Casa do Concello de Camariñas.

          Terceiro.- Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e, a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas.

          Sexto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

          Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Justificantes de Publicación: