Public. decreto aceptación prop. tribunal contrat. requr. proceso selectivo aux. admva. RA
EXP: 2026/E001/000005
ANUNCIO
ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN dunha auxiliar administrativa/o PARA O PROXECTO “PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FRANXAS SECUNDARIAS” (PROGRAMA GALICIA SUMA TALENTO: RURAL ACTIVO 2026 - TR351G) e requirimento de documentación.
EXPTE.: 2026/E001/000005
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 30 DE XULLO DE 2026.
Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía de data 30 de xullo de 2026, mediante o cal se acepta a proposta realizada polo tribunal cualificador para a contratación dunha auxiliar administrativa/o para o proxecto municipal “Prevención de incendios nas franxas secundarias” (PROGRAMA GALICIA SUMA TALENTO: RURAL ACTIVO 2026), decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PARA O PROXECTO "PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FRANXAS SECUNDARIAS" AO ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL 2026 (PROGRAMA GALICIA SUMA TALENTO: RURAL ACTIVO 2026) E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN.
EXPEDIENTE: 2026/E001/000005
Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante o sistema de concurso, dunha persoa auxiliar administrativa para o proxecto municipal “Prevención de incendios nas franxas secundarias”, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR351G).
Considerando que a proposta de contratación dunha persoa auxiliar administrativa para o proxecto municipal “Prevención de incendios nas franxas secundarias” que fai o tribunal basease na puntuación final obtida polos aspirantes, aplicándose no caso de empate o reflexado nas bases da convocatoria, sendo o proposto o primeiro/a aspirante da listaxe ordenada por puntuacións finais, isto é:
|
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
|
1 |
SOTO MEIRÁS, ANA BELÉN |
23,75 |
|
2 |
NOVO CIBRÁN, ANA |
19,25 |
|
3 |
BARREIRO VIGO, Mª ISABEL |
18,00 |
|
4 |
LEMA MARTÍNEZ, RAQUEL |
16,05 |
Visto que así mesmo o tribunal ten elevado a correspondente listaxe por orde decrecente de puntuación totais/finais do/s aspirante/s que non acadaron a maior puntuación final e que non teñen dereito a formalización do contrato de traballo, aos efectos da creación dunha bolsa de emprego.
Visto, pois, o disposto na base 8ª da convocatoria, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
ACORDO:
Primeiro: Aceptar a listaxe de aprobados formulada polo tribunal cualificador no proceso de selección para a contratación dunha persoa auxiliar administrativa para o proxecto municipal “Prevención de incendios nas franxas secundarias” ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde do 22 de xaneiro de 2026, pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo.
Segundo: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación de Dª ANA BELÉN SOTO MEIRÁS, para os posto de auxiliar administrativa para o proxecto municipal “Prevención de incendios nas franxas secundarias”.
Terceiro: Requirir á aspirante proposta, Dª ANA BELÉN SOTO MEIRÁS, para que dentro do prazo máximo de 3 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, proceda a presentar a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.
Cuarto: Aos efectos do previsto na Base 8ª da convocatoria, acéptase a listaxe de aspirante/s que non acadaron a maior puntuación final e que non teñen dereito a formalización do contrato de traballo e queda establecida a seguinte bolsa de traballo:
|
ORDE DE CHAMAMENTO |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
|
1 |
NOVO CIBRÁN, ANA |
19,25 |
|
2 |
BARREIRO VIGO, Mª ISABEL |
18,00 |
|
3 |
LEMA MARTÍNEZ, RAQUEL |
16,05 |
Quinto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.