Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

18:04:52 Lunes 26 de octubre 2026

Información

Secretaría

26/10/2026

CONVOCATORIA DE SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DO DÍA 29 DE OUTUBRO DE 2026

EXP: 2026/G010/000012

ANUNCIO

          ASUNTO: PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DE SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DO DÍA 29 DE OUTUBRO DE 2026.

          Nº ExpTE.: 2026/G010/000012

          DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 26 DE OUTUBRO DE 2026.

          Para xeral coñecemento, faise público o decreto da  Alcaldía núm. 1003/2026 de data 26/10/2026, mediante o cal se convoca sesión extraordinaria do Pleno, que terá lugar na Casa do Concello o vindeiro día 29 de outubro de 2026 (xoves) ás 9:00 horas, o cal se transcribe a continuación:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: CONVOCATORIA DE SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DO DÍA 29 de OUTUBRO DE 2026

EXPEDIENTE: 2026/G010/000012

Visto que en data 16 de outubro de 2026, rexistro de entrada 202600000002647 a Deputación da Coruña remite a este  Concello “Circular sobre a elaboración do POS+ADICIONAL 4/2026 para gasto corrente, redución da débeda dos concellos coa deputación ou investimentos financeiramente sostibles” na que concede como prazo para formular á solicitude da subvención dende o 19 ata o 30 de outubro de 2026.

Visto que de conformidade co disposto no artigo 26 da LOREG a formación das Mesas compete aos Concellos, baixo a supervisión das Xuntas Electorais de Zona mediante sorteo público que se realizará entre os días vixésimo quinto e vixésimo noveno posteriores á convocatoria, e que segundo o calendario do presente proceso electoral o mesmo terá que realizarse entre os días 31 de outubro e 4 de novembro de 2026.

Visto o acordo asinado en data 21 de Outubro de 2026, por dona María Isabel Lado López, Presidenta da Xunta Electoral de Zona de Corcubión polo que se permite o adianto do sorteo do membros das mesas do concello de Camariñas, ao día 29 de outubro de 2026, sen prexuízo de que as notificación aos membros seleccionados se faga a partir do 31 de outubro.

Considerando, pois, os antecedentes anteriormente expostos e visto o artigo 46 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o artigo 78 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais e o acordo do Pleno da Corporación adoptado na sesión extraordinaria celebrada con data 27 de outubro de 2023, é polo que

ACORDO:

Primeiro. Convocar sesión extraordinaria do Pleno, que terá lugar na Casa do Concello o vindeiro día 29 de outubro de 2026 (xoves) ás 9:00 horas, coa seguinte orde do día:

1º.- Sorteo de mesas electorais para as eleccións as cortes xerais do vindeiro 29 de novembro de 2026.

2º.- Aprobación POS+ADICIONAL 4/2026 para gasto corrente, redución da débeda dos concellos coa deputación ou investimentos financeiramente sostibles

Segundo.- Notificar este decreto aos Srs./Sras. concelleiros/as, á intervención municipal e publíquese no taboleiro de anuncios do Concello.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

          Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª. Sandra Insua Rial.


Justificantes de Publicación: