Decreto de fixación de servizos mínimos municipais a cumprir obrigatoriamente o próximo 11/11/2026
EXP: 2026/G003/001101
ANUNCIO
ASUNTO: FIXACIÓN SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA XERAL 11 DE NOVEMBRO DE 2026.
Nº ExpTE.: 2026/X999/000425
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 10 DE NOVEMBRO DE 2026.
Para xeral coñecemento, faise público o decreto da Alcaldía núm. 1054/2026 de data 10/11/2026, mediante o cal se resolve declarar os servizos mínimos municipais a cumprir obrigatoriamente o próximo 11 de novembro de 2026, o cal se transcribe a continuación:
“DECRETO DE ALCALDÍA
ASUNTO. - FIXACIÓN SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA XERAL 11 DE NOVEMBRO DE 2026.
EXPEDIENTE. - 2026/X999/000425
Vista a folga xeral convocada por diferentes organizacións sindicais para o próximo 11 de novembro de 2026.
Segundo a Real Decreto Lei 17/1977, do 4 de marzo, establécese a regulación específica do dereito de folga.
Os empregados públicos teñen recoñecido no artigo 15 c) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP) o exercicio do dereito a folga, tanto funcionariales/funcionariais como laborais, condicionándoo á garantía do mantemento dos servizos esenciais da comunidade.
PERSOAL LABORAL: De acordo co establecido no artigo 45.1 l) e 2 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (ET) polo que non terá dereito a:
− Salario nin aos complementos salariais dos días ou horas non traballadas.
− Dietas ou indemnizacións.
− Parte correspondente ás pagas extraordinarias.
Doutra banda o traballador si que terá dereito ás percepcións extrasalariales. O período de vacacións non se ve afectado, nin na súa duración nin retribución.
PERSOAL FUNCIONARIO: Do mesmo xeito e en canto ao persoal funcionario o artigo 30.2 do TREBEP indica que “Quen exercite o dereito de folga non devindicarán nin percibirán as retribucións correspondentes ao tempo en que permanecesen nesa situación sen que a dedución de haberes que se efectúe teña carácter de sanción, nin afecte o réxime respectivo das súas prestacións sociais”.
Respecto á cotización á Seguridade Social, o empregado permanece en situación de alta especial. Isto é, mantense a situación de alta, pero sen a obrigación de cotizar por parte do Concello e o empregado.
Dada conta que corresponden a esta Alcaldía as competencias no presente expediente, e iso de conformidade coas regras contidas no artigo 21.1 g) da Lei 7/85, do dous de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 5 do Real Decreto 861/1986, do 25 de abril, pola presente RESOLVE:
Primeiro.- Declarar como servizos mínimos municipais a cumprir obrigatoriamente o próximo 11 de novembro de 2026 os seguintes:
- Rexistro e atención ao cidadán (polo menos unha persoa).
- Servizos Sociais (polo menos unha persoa).
- Servizo de augas (polo menos unha persoa para a xestión da auga en baixa e polo menos unha persoa para a xestión de auga en alta).
- Servizo de axuda no fogar (realización de aseos, nos mesmos termos nos que se presta o servizo en fin de semana).
- Servizo de recollida de lixo bolsa nega (polo menos dúas persoas) e servizo de recollida envases lixeiros (polo menos dúas persoas)
Segundo.- Poñer en coñecemento de todas as persoas traballadoras do Concello de Camariñas e das empresas prestadoras dos servizos municipais.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª. Sandra Insua Rial.