Sede electrónica Concello de Camariñas

07:32:04 Martes 16 de xullo 2024

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

23/05/2024

APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA PARTICIPAR APROL 2024

EXP: 2024/E001/000005

ANUNCIO

ASUNTO: APROL - APROBACIÓN DA Listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as E EXCLUÍDOS/as para participar no procedemento de selección DUN/DUNHA TÉCNICO/A RESPONSABLE DO SERVIZO DE PLANIFICACION PREVENTIVA E VALORIZACIÓN DO MONTE AO ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL (APROL RURAL) ANO 2024.

EXPEDIENTE: 2024/E001/000005

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 23 DE MAIO DE 2024.

De conformidade co disposto na Base 5ª da Convocatoria para a contratación laboral temporal dun/dunha técnico/a responsable do servizo de “Planificación preventiva e valorización forestal” ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego e Igualdade do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural 2024), faise público o Decreto da Alcaldía de data 23 de maio de 2024, mediante o cal se aproba a listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos para participar no procedemento de selección.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: