Sede electrónica Concello de Camariñas

07:42:57 Martes 16 de xullo 2024

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

30/05/2024

ANUNCIO ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN TÉCNICO APROL RURAL 2024

EXP: 2024/E001/000005

ANUNCIO

ASUNTO: APROL - Aceptación da proposta de contratación DUN/DUNHA TÉCNICO/A RESPONSABLE DO SERVIZO DE PLANIFICACION PREVENTIVA E VALORIZACIÓN FORESTAL (APROL RURAL 2024) E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN.

EXPEDIENTE: 2024/E001/000005

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 30 DE MAIO DE 2024.

De conformidade co disposto na Base 8ª da Convocatoria para a contratación laboral temporal dun/dunha técnico/a responsable do servizo de “Planificación preventiva e valorización forestal” ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego e Igualdade do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural 2024), faise público o Decreto da Alcaldía de data 29 de maio de 2024, decreto que a continuación se transcribe:

 “DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: APROL - ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DUN/HA TÉCNICO/A RESPONSABLE DO SERVIZO DE PLANIFICACIÓN PREVENTIVA E VALORIZACIÓN FORESTAL AO ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL (APROL RURAL 2024) e requirimento de documentación.

EXPEDIENTE: 2024/E001/000005

Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante concurso, dun/dunha técnico/a responsable do servizo de planificación preventiva e valorización forestal ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2024 (código de procedemento TR351G).

Considerando que a proposta de contratación de técnico que fai o tribunal basease na puntuación final obtida polos aspirantes, sendo o proposto o primeiro/a aspirante da listaxe ordenada por puntuacións finais, isto é:

NÚM.

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

1

PASANTES CAMPAÑA, MATEO

2,40

2

MAIGLER GARCÍA, ALBERTO

2,00

Visto que así mesmo o tribunal ten elevado a correspondente listaxe por orde decrecente de puntuación totais/finais do/s aspirante/s que non acadaron a maior puntuación final e  que non teñen dereito a formalización do contrato de traballo, aos efectos da creación dunha bolsa de emprego.

Visto, pois, o disposto na base 8ª da convocatoria, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

Primeiro: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación de D. Mateo Pasantes Campaña para o posto técnico/a responsable do servizo de planificación preventiva e valorización forestal.

Segundo: Requirir ao aspirante proposto, D. Mateo Pasantes Campaña, para que dentro do prazo máximo de 3 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, proceda a presentar a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.

Terceiro: Aos efectos do previsto na Base 8ª da convocatoria, acéptase a listaxe de aspirante/s que non acadaron a maior puntuación final e que non teñen dereito a formalización do contrato de traballo e queda establecida a seguinte bolsa de traballo:

ORDE DE CHAMAMENTO

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

MAIGLER GARCÍA, ALBERTO

2,00

Cuarto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos na sede electrónica do Concello de Camariñas.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: