Sede electrónica Concello de Camariñas

07:46:54 Martes 16 de xullo 2024

Información

INTERVENCIÓN

07/06/2024

MODIFICACIÓN BASES DE EXECUCIÓN ORZAMENTO 2024. CONCESION SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS

EXP: 2024/T004/000001

ANUNCIO PUBLICADO NO BOP Nº 110 DE DATA 07/06/2024
ANUNCIO
EXPTE: : 2024/T004/000001
Aprobación inicial da modificación das bases de execución do orzamento de 2022, prorrogado para o ano 2024.
 
Polo Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 31 de maio do presente ano, aprobouse inicialmente o expediente de modificación das bases de execución do orzamento do exercicio 2022, prorrogado para o ano 2024: Base 52ª (Subvencións directas, previstas nominativamente no orzamento ou directas de carácter excepcional).
De conformidade co establecido no artigo 177.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, en relación co 169 do mesmo texto legal, exponse ó público na Intervención deste Concello polo prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para os efectos de reclamacións ante o Pleno.
Se o remate do período de exposición pública non se presentaran reclamacións, o expediente considerarase definitivamente aprobado, conforme ao establecido na citada lexislación; de non ser así, deberán resolverse as alegacións e procederse a súa aprobación definitiva. Unha vez aprobado e aos efectos da súa entrada en vigor, deberá publicarse no BOP o Anexo de relación nominal de subvencións nominativas.

En Camariñas, 03 de xuño de 2024
A Alcaldesa.
Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: