Sede electrónica Concello de Camariñas

14:05:30 Xoves 26 de decembro 2024

Información

SECRETARÍA

08/07/2024

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PROCESO SELECTIVO DOUS OFICIAIS SERVIZO AUGAS

EXP: 2024/E001/000004

ANUNCIO

APROBACIÓN DE LISTAXE PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO DE DOUS OFICIAIS DO SERVIZO DE AUGAS E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN PARA OS SUPOSTOS DO ARTIGO 15.2 E 15.3 DO TRET. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2024.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 8 DE XULLO DE 2024

A Alcaldía ditou en data 5 de xullo de 2024, o Decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: aprobación de listaxe PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO DE DOUS OFICIAIS DO SERVIZO DE AUGAS E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN PARA OS SUPOSTOS DO ARTIGO 15.2 E 15.3 DO TRET. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2024.

EXPTE.: 2024/E001/0000004

Considerando que mediante Decreto da Alcaldía núm. 287/2023 do 09/04/2024 procedeuse a aprobar a Oferta de Emprego Público do Concello de Camariñas para o exercicio 2024 e que a mesma foi obxecto de publicación no BOP núm. 74 de data 16/04/2024, establecendo na mesma os seguintes postos de traballo:

Núm. de prazas

Denominación da praza

Grupo laboral

Cod. RPT

Sistema de acceso

2

Oficial Servizo Augas

5

4116

Oposición

Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 387/2024 de data 10/05/2024, rectificado mediante Decreto 395/2024, de 14 de 2024, procedeuse a aprobar as bases que rexen na convocatoria de selección de dúas prazas de oficial do servizo de augas vacantes no cadro de persoal laboral do Concello de Camariñas (A Coruña), correspondentes á Oferta de Emprego Público 2024, como persoal laboral fixo.

Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 97 de 21/05/2024 e igualmente foi obxecto de publicación anuncio extracto da convocatoria no BOE núm. 138 de data 07/06/2024.

Visto o informe asinado polo encargado do Rexistro do Concello de Camariñas, en data 5 de xullo de 2024, do que resulta que para o proceso de selección de dous oficiais do servizo de augas e a elaboración dunha bolsa de emprego, presentáronse os seguintes rexistros:

Número de rexistro

Data

Interesado

202400000001693

10/06/2024

Sar Villar Jesús, Manuel

202400000001713

12/06/2024

Ameijenda Suarez, Valeriano

202499900000526

30/06/2024

Bermúdez Tajes, Evaristo

Considerando que o prazo para a presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado e que dito anuncio foi publicado en data 7 de xuño de 2024, o prazo remata o 27 de xuño de 2024.

Considerando que ten finalizado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no presente proceso selectivo, revisadas as mesmas e de conformidade co disposto na lexislación vixente e e nas Bases 5ª e 6ª da convocatoria, e tendo en conta as facultades atribuidas a esta Alcaldía polo artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, pola presente RESOLVO:

Primeiro.- Aprobar a seguinte listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as no procedemento de selección de dúas prazas de oficial do servizo de augas vacantes no cadro de persoal laboral do Concello de Camariñas (A Coruña), correspondente á oferta pública de emprego do ano 2024 (código RPT 4116),

Admitidos:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

PERMISO CONDUCIR

XUSTIF. PAGO TAXAS

CELGA

1

SAR VILLAR, JESÚS MANUEL

***3855**

SI

SI

NON

2

AMEIJENDA SUÁREZ, VALERIANO

***6436**

SI

SI

SI

Excluídos:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

CAUSA DA EXCLUSIÓN

1

BERMÚDEZ TAJES, EVARISTO

***7700**

Presentación fora de prazo


 

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñece aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a correspondente resolución. Se nun momento posterior se desprende que non se posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos.

Segundo.- Conceder aos aspirantes excluídos, así como os omitidos na relación de admitidos ou excluídos un prazo de 3 días hábiles contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución no Taboleiro de Anuncios do Concello, e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas, para subsanar os defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión das relacións de admitidos e excluídos. Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen á omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos do procedemento.

Terceiro.- Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e, a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas.

Cuarto.- Dar conta deste decreto ao Pleno do Concello, na próxima sesión ordinaria que se celebre. ”

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: