Sede electrónica Concello de Camariñas

14:39:24 Sábado 27 de xullo 2024

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

26/07/2024

Anuncio aceptación proposta de contratación e requirimento de documentación a aspirantes propostos

EXP: 2024/E001/000004

SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL

ASUNTO: ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DE DOUS OFICIAIS DO SERVIZO DE AUGAS para o concello de camariñas E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A CANDIDATOS PROPOSTOS.

EXPTE.: PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL FIXO, MEDIANTE OPOSICIÓN, DE DOUS OFICIAIS DO SERVIZO DE AUGAS (CONTRATO A TEMPO COMPLETO) E ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DO ARTIGO 15.2 E 15.3 DO REAL DECRETO LEXISLATIVO 2/2015, DO 23 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TRET.

Nº ExpTE. TEDEC: 2024/E001/000004

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 26 DE XULLO DE 2024.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto na Base 8ª da convocatoria de probas selectivas,  para a provisión en propiedade, mediante o sistema de oposición, de dous oficiais do Servizo de Augas e a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación para os supostos do artigo 15.2 e 15.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, faise público o Decreto da Alcaldía de data 26 de xullo de 2024, mediante o cal se acepta a proposta do tribunal cualificador de contratación de dous oficiais do Servizo de Augas e se lle require aos aspirantes propostos para a contratación para que no prazo de dez dias naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación do acordo, presenten os documentos acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos para tomar parte na convocatoria.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª. Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: