EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA 15/2024 MEDIANTE SUPLEMENTO DE CREDITO 02/2024
EXP: 2024/T002/000015
ANUNCIO PUBLICADO NO BOP Nº 150 DE DATA 06/08/2024
APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN CRÉDITOS Nº 15/2024 DE SUPLEMENTO DE CRÉDITOS 2/2024.
EXPTE: 2024/T002/000015
ANUNCIO
Aprobación inicial de modificación de créditos núm. 15/2024 mediante suplemento de crédito 2/2024.
O Pleno deste Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de xullo de 2024, aprobou inicialmente a modificación de créditos núm. 15/2024 sobre o Orzamento do Concello de Camariñas correspondente ao exercicio 2024, de aprobación dun Suplemento de Crédito (Expte. SC 2/2024), por un importe total de 225.677,39 €.
O devandito expediente permanecerá exposto ao público, durante o prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello, a efectos da presentación de reclamacións ante o Pleno, segundo o disposto no artigo 177.2, en relación co 169, do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Se ao remate do período de exposición pública non se presentaran reclamacións, o expediente considerarase definitivamente aprobado, conforme ao establecido na citada lexislación. No caso de non presentárense reclamacións, considérase a modificación definitivamente aprobada.
En Camariñas, 01 de agosto 2024
A Alcaldesa
Sandra Insua Rial