Sede electrónica Concello de Camariñas

12:46:16 Xoves 21 de novembro 2024

Información

TESOURERÍA

22/08/2024

APROBACIÓN DEFINITIVA PADRÓN DA TAXA POR SUBMINISTRO DE AUGA DO EXERCICIO 2024

EXP: 2024/X999/000271

EXPTE. 2024/X999/000271

ANUNCIO PUBLICADO NO BOP NÚM. 161 DE DATA 22 DE AGOSTO DE 2024

ANUNCIO

Aprobado definitivamente por Resolución da Alcaldía do día 19 de agosto de 2024 o Padrón da taxa por subministro domiciliario de auga correspondente ao exercicio 2024, procédese á notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, facéndose público.

Contra a presente notificación poderá interpoñerse o recurso de reposición recollido no artigo 14 do RD Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, ante o órgano que ditou o acto.

Transcorrido o prazo máximo dun mes sen que recaera resolución expresa, o recurso considerarase desestimado, quedado aberta a vía para a interposición do recurso contencioso-administrativo ante o órgano correspondente da xurisdición contencioso-administrativa.

Camariñas, 19 de agosto de 2024

A ALCALDESA,

Asdo. Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: