Chamamento e requirimento de documentación para contratación de OSM bolsa de emprego
EXP: 2023/E001/000011
ANUNCIO DE CHAMAMENTO DE CANDIDATOS
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 6 DE SETEMBRO DE 2024.
PROCEDEMENTO: BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN NA MODALIDADE DE SUBSTITUCIÓN DUN OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES, GRUPO V, (ARTIGO 15.1.C DO TRLET)
ASUNTO: CHAMAMENTO DE PRIMEIRO CANDIDATO DA BOLSA DE EMPREGO E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN.
EXPTE. TEDEC: 2023/E001/000011
PERÍODO DE SUBSTITUCIÓN: do 23/09/2024 ao 11/1/2024
De conformidade co disposto na providencia da Alcaldía de data 06/09/2024 e nas bases 8ª e 9ª da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal, mediante oposición, de operario de servizos múltiples, grupo V para substitución (artigo 15.1.C do TRLET), aprobada por decreto da alcaldía de data 17/11/2023, por medio do presente procédese ao chamamento do aspirante que figura en primeiro lugar na dita bolsa de emprego:
Requirindo a D. EVARISTO LEMA NOVOA, candidato que figura en primeiro lugar na bolsa de emprego, para que no prazo de tres días hábiles, a contar desde a publicación do chamamento no Taboleiro de anuncios e na web do concello, presente a documentación a que se refire a base novena da convocatoria, co fin de proceder, no seu caso, a súa contratación como operario de servizos múltiples.
Advertir ademais que deberá de comunicar para poder formalizar, no seu caso, o contrato de traballo o seu número de afiliación á Seguridade Social.
Camariñas, a asinado dixitalmente
A Alcaldesa
Sandra Insua Rial