Sede electrónica Concello de Camariñas

06:14:06 Domingo 8 de decembro 2024

Información

TESOURERIA

07/11/2024

COPAGO USUARIOS SAF DEPENDENCIA E LIBRE CONCORRENCIA DO MES DE SETEMBRO 2024

EXP: 2024/G003/000868

ANUNCIO DE COBRANZA

 Con data 29/10/2024 por esta Alcaldía apróbase inicialmente a LISTA COBRATORIA DO COPAGAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF), CORRESPONDENTE AO MES DE SETEMBRO  2024 co seguinte detalle:

 Mes de SETEMBRO  do ano 2024 (136  usuarios por importe total de 5.565,54 euros).

Os listados dos  prezos públicos aprobados expóñese ó público nas oficinas do Concello de Camariñas durante 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de reclamacións.  O prazo de presentación de alegacións ou reclamacións, superponse co de cobranza establecido na ordenanza reguladora do prezo público, significando que só se deterá a acción de cobranza, en relación cos obrigados ao pago que efectúen alegacións, sen que afecte aos restantes obrigados. O prazo de cobro en vía voluntaria para estes comezará dende que se resolva a súa reclamación.

Esta exposición, por prazo de quince días dende a correspondente publicación, servirá de notificación colectiva a tódolos obrigados ao pago, conforme se determina no artigo 45 da LPACAP.

Todos os interesados poderán interpor RECURSO DE REPOSICIÓN ante a Alcaldía, segundo o disposto no artigo 108 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 14.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no prazo DUN MES contado dende o día seguinte ó remate da exposición ó público da Listaxe de usuarios. A interposición do recurso non suspende a eficacia dos prezos públicos correspondentes, agás que se solicite a suspensión e se presente garantía nos termos establecidos no apartado i) do precepto anteriormente mencionado. Contra a desestimación do recurso de reposición poderase interpor RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, no prazo de dous meses dende a notificación da resolución expresa ou de seis meses dende que se produza a desestimación presunta. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se estime conveniente.

 O prazo de cobro en período voluntario é o determinado na ordenanza reguladora do prezo público no seu artigo 8º, no que se establece o seguinte ( transcribo);

“Artigo 8.–Nacemento da obriga de pago.

A obriga de pagar os prezos públicos nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión:

1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo durante a primeira quincena do mes seguinte.

2. Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual có importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.”

De vir devolto o recibo, conforme se determina no artigo 2.2 do TRLFL,  iniciarase o período executivo que determina o dereito a percibir o recargo de prema e demais, de acordo co previsto nos artigos 26 e 28 da Lei Xeral Tributaria.

Os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades de depósito para que sexan cargadas nas contas dos seus clientes.

 

 Camariñas, 04de Novembro  de 2024

 A Alcaldesa

 Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: