CHAMAMENTO DA PRIMEIRA PERSOA CANDIDATA DA BOLSA DE EMPREGO E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN.
EXP: 2023/E001/000012
ANUNCIO DE CHAMAMENTO DE CANDIDATOS
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 13 DE XANEIRO DE 2025.
PROCEDEMENTO: BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN NA MODALIDADE DE SUBSTITUCIÓN DE COORDINADOR/A SERVIZOS SOCIAIS, GRUPO A2, (ARTIGO 10.1.C DO TRLET)
ASUNTO: CHAMAMENTO DA PRIMEIRA PERSOA CANDIDATA DA BOLSA DE EMPREGO E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN.
EXPTE. TEDEC: 2023/E001/000012
PERÍODO DE SUBSTITUCIÓN: ata o 11 de abril de 2025.
MOTIVO DA SUBSTITUCIÓN: Asuntos propios/vacacións
De conformidade co disposto na providencia da Alcaldía de data 13/1/2025 e nas bases 12ª e 13ª da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de funcionario/a interino/a do grupo A, subgrupo A2, escala de administración especial, subescala técnica: coordinador/a servizos sociais do Concello de Camariñas para substitución (artigo 10.1.C do TRLET), publicada no BOP nº 49 do 8/3/2025, por medio do presente procédese ao chamamento da persoa aspirante que figura en primeiro lugar na dita bolsa de emprego:
Requirindo a Dna. CRISTINA SANTOS DÍAZ, persoa candidata que figura en primeiro lugar na bolsa de emprego, para que no prazo de cinco días naturais, a contar desde a publicación do chamamento no Taboleiro electrónico de anuncios do concello, presente a documentación a que se refire a base 12ª da convocatoria, co fin de proceder, no seu caso, a súa contratación como coordinador/a servizos sociais.
Advertir ademais que deberá de comunicar para poder formalizar, no seu caso, o contrato de traballo o seu número de afiliación á Seguridade Social.
Camariñas, a asinado dixitalmente
A Alcaldesa
Sandra Insua Rial