Sede electrónica Concello de Camariñas

07:53:42 Mércores 5 de febreiro 2025

Información

TESOURERÍA

31/01/2025

APROBACIÓN INICIAL PADRÓNS DAS TAXAS LIXO, SUMIDOIROS E CEMITERIO 2025

EXP: 2025/X999/000010

ANUNCIO

Aprobados por Decreto da Alcaldía do día 28 de xaneiro de 2025, os Padróns das taxas por recollida de lixo, por servizos de sumidoiros e de cemiterio municipal, correspondentes ao exercicio de 2025, sométense estes a exposición pública por prazo de vinte días para os efectos de presentación das reclamacións que se consideren oportunas.

De non presentarse reclamacións contra os ditos Padróns durante o período de exposición pública, entenderanse definitivamente aprobados.

A presente publicación ten a consideración de notificación colectiva conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria.

Transcorrido o prazo de exposición pública, poderá interpoñerse no prazo dun mes o recurso de reposición previsto no artigo 108 da Lei 7/1985, do 2 de abril e no artigo 14.2 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, ante o mesmo órgano que os aprobou. Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou ata que se produza a súa desestimación por silencio. Transcorrido un mes dende a interposición do recurso de reposición sen que se notifique a súa resolución entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa.

O recurso contencioso-administrativo pode ser interposto ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados dende o seguinte ao que lle sexa notificada a resolución expresa do recurso de reposición ou seis meses dende a data en que transcorra un mes da interposición do devandito recurso de reposición.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: