CONCURSO DE COMPARSAS ENTROIDO A PONTE DO PORTO
EXP: 2025/A002/000001
BASES REGULADORAS DO CONCURSO DE COMPARSAS ENTROIDO A PONTE DO PORTO 2025
PRIMEIRO: DEFINICIÓN
As presentes bases e convocatoria teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión dos premios do Concurso de Comparsas de Entroido A Ponte do Porto 2025 que se celebrará o domingo 2 de marzo de 2025.
SEGUNDO: PARTICIPANTES
Poderán participar no concurso as 12 primeiras comparsas que se inscriban no Rexistro municipal. As restantes comparsas que se presenten quedarán nunha lista de reserva.
Enténdese por comparsas a unha agrupación cohesionada, formada por un mínimo de 10 persoas disfrazadas e cunha teatralización conxunta.
A exhibición terá unha duración mínima de 5 e máxima de 20 minutos.
TERCEIRO: PREMIOS
As contías dos premios do concurso serán:
1º premio de 500 euros.
2º premio de 300 euros.
3º premio de 200 euros.
As comparsas que non resulten premiadas terán unha axuda económica de 10 euros por cada membro ata un máximo de 150€ por comparsa. Esta axuda non é acumulativa aos premios.
Os premios estarán suxeitos á retención do IRPF de acordo coa lexislación vixente.
Os premiados daranse a coñecer unha vez remate a última actuación.
O pago dos premios farase por transferencia bancaria ás persoas ou entidades que figuren como representantes na solicitude de inscrición ao concurso.
CUARTO: PRAZO DE SOLICITUDE
Estas bases e convocatoria publicaranse no boletín oficial da provincia e na páxina web do Concello de Camariñas.
O prazo de solicitude de participación comeza a partir das 9:00 do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Diario Oficial da Provincia e remata o 28 de febreiro de 2025 ás 15:00.
QUINTO: PROCEDEMENTO
No concurso valorarase tanto a asistencia ao desfile coma a dramatización, vestiario e animación.
Se as condicións climáticas o permiten, o desfile sairá da entrada ao IES Plurilingüe Pedra da Águia ás 11:30 e percorrerá as rúas Curros e Gándara. A actuación comezará ás 12:30 no paseo marítimo. Se chove, trasladarase ao pavillón municipal da Ponte do Porto.
O domingo 2 de marzo, ás 11:00 farase un sorteo coa orde de actuación de cada comparsa participante ante os seus representantes.
As comparsas que precisen acompañamento musical ou similar deberán achegar un audio e indicacións para a súa correcta reprodución antes do comezo do concurso.
Ao remate de todas as actuacións farase público o fallo do xurado e as comparsas gañadoras accederán á recollida do premio.
SEXTO: VALORACIÓN
A valoración corresponderalle a un xurado formado por persoas designadas pola Alcaldía e un representante do Concello de Camariñas que actuará en calidade de secretario/a con voz pero sen voto. As decisións do Xurado serán inapelables. O Xurado pode deixar deserto algún premio.
O Xurado valorará as comparsas outorgando o primeiro, segundo e terceiro premio atendendo a orixinalidade, vestiario, maquillaxe, decoración e posta en escena.
O/A secretario/a levantará acta que deberá estar asinada por todos os membros do xurado e entregaraa nun sobre pechado ao presentador do concurso.
SÉTIMO: INSCRICIÓNS
As solicitudes de inscrición no concurso presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Camariñas ou a través da sede electrónica sede.camarinas.net utilizando os impresos anexos a estas bases.
Os impresos tamén estarán dispoñibles na Biblioteca Municipal en horario de luns a venres laborais de 9:00 a 14:00 , teléfono 665134490, correo electrónico cultura@camarinas.net.
O prazo de inscrición abrirase o día da publicación das bases na web municipal www.camarinas.net e rematará o 28 de febreiro de 2025 ás 15:00 horas.
As solicitudes presentadas fóra de prazo serán desestimadas.
As comparsas deberán presentar a seguinte documentación:
a) Asociacións legalmente constituídas: Anexo 1, copia do CIF da entidade que solicita participar e certificado do número de conta corrente a nome da asociación.
b) Agrupacións informais: Anexo 2, o Anexo 3, copia do DNI do representante e certificado do número de conta corrente a nome do representante
A solicitude de inscrición implica a aceptación das bases.
ANEXO 1
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NO CONCURSO DE COMPARSAS ENTROIDO
DA PONTE DO PORTO 2025 PARA ASOCIACIÓNS
D./Dna. _________________________________________ con DNI nº _____________
enderezo en ______________________________________ e teléfono _____________,
actuando en representación da asociación _______________________________ con CIF nº ___________________.
EXPÓN:
Que acepta as bases do Concurso de comparsas entroido da Ponte do Porto 2025,
SOLICITA:
A inscrición no concurso co nome da comparsa: _________________________________ cuxo número de membros é de _____.
En Camariñas a ____ de ____________________ de 2025
Asdo:
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE CAMARIÑAS
ANEXO 2: SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NO CONCURSO DE COMPARSAS
ENTROIDO DA PONTE DO PORTO 2025 PARA AGRUPACIÓNS DE PERSOAS.
D./Dna. _________________________________________ con DNI nº _____________
enderezo en ______________________________________ e teléfono _____________,
actuando en representación da agrupación de persoas que se indica no Anexo 3.
EXPÓN:
Que acepta as bases do Concurso de comparsas entroido da Ponte do Porto 2025,
SOLICITA:
A inscrición no concurso co nome da comparsa: _________________________________ cuxo número de membros é de _____.
En Camariñas a ____ de ____________________ de 2025.
Asdo:
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE CAMARIÑAS
ANEXO 3: PERSOAS FÍSICAS OU AGRUPACIÓN DE PERSOAS FÍSICAS SEN PERSONALIDADE XURÍDICA
Os abaixo asinantes DECLARAN que con data _________ procedeuse a constituír a Comparsa _______________________________________________, composta dos seguintes membros:
|
Nome e apelidos |
DNI |
Sinatura |
1 |
|
|
|
2 |
|
|
|
3 |
|
|
|
4 |
|
|
|
5 |
|
|
|
6 |
|
|
|
7 |
|
|
|
8 |
|
|
|
9 |
|
|
|
10 |
|
|
|
11 |
|
|
|
12 |
|
|
|
13 |
|
|
|
14 |
|
|
|
15 |
|
|
|
16 |
|
|
|
17 |
|
|
|
18 |
|
|
|
19 |
|
|
|
20 |
|
|
|
Que nesta data nomeouse a Don/Dona_______________________________ como representante desta AGRUPACIÓN para as relacións co Concello de Camariñas
Que esta Agrupación acepta as bases do concurso comparsas entroido da Ponte do Porto 2025.
Así mesmo, todos os asinantes declaran atoparse ao corrente nas súas obrigas co Concello de Camariñas, atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non atoparse incurso en ningunha causa de incompatibilidade ou incapacidade para recibir axudas de administracións públicas.
Camariñas, ............. de .......................................... de 2025
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO ILMO. CONCELLO DE CAMARIÑAS
Camariñas, 10 de febreiro de 2025
A Alcaldesa,
Sandra Insua Rial