ORZAMENTO 2025
EXP: 2025/T004/000001
ANUNCIO
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO EXERCICIO 2025
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o orzamento xeral para o exercicio económico 2025 en sesión extraordinaria celebrada o 24 de febreiro de 2025, e en cumprimento do disposto no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL), exponse ao público por prazo de quince días hábiles, que empezarán a contar dende o seguinte ao da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas.
No caso de non presentarse alegacións en prazo e segundo o previsto pola lexislación anteriormente referida, o acordo da aprobación inicial entenderase elevado a aprobación definitiva, entrando en vigor o sinalado Orzamento Xeral, logo da súa publicación no B.O.P. na forma legalmente establecida.
En Camariñas, 25 de febreiro de 2025
A Alcaldesa.
Asdo: Sandra Insua Rial