Sede electrónica Concello de Camariñas

10:32:12 Mércores 12 de marzo 2025

Información

TESOURERÍA

11/03/2025

APROBACIÓN DEFINITIVA PADRÓNS LIXO, SUMIDOIROS E CEMITERIO MUNICIPAL DO EXERCICIO 2025

EXP: 2025/X999/000010

ANUNCIO
Aprobados definitivamente por Resolución da Alcaldía do día 10 de marzo de 2025 os Padróns das taxas por recollida de lixo, por servizos de redes de sumidoiros e de cemiterio municipal, correspondentes ao exercicio 2025, unha vez introducidos neles as pertinentes modificacións derivadas da terminación na tramitación de expedientes de cambio de titularidade de recibos, a rectificación de erros na determinación do suxeito pasivo de varios obxectos tributarios así como a corrección do identificador dun suxeito pasivo, procédese á notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, facéndose público.
Contra a presente notificación poderá interpoñerse o recurso de reposición recollido no artigo 14 do RD Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, ante o órgano que ditou o acto.
Transcorrido o prazo máximo dun mes sen que recaera resolución expresa, o recurso considerarase desestimado, quedado aberta a vía para a interposición do recurso contenciosoadministrativo ante o órgano correspondente da xurisdición contencioso-administrativa.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: