APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO.
EXP: 2024/E004/000001
ANUNCIO
DATA DE PUBLICACIÓN DO ANUNCIO NO BOP: 20 DE MARZO DE 2025
Aprobación definitiva da Modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Camariñas
O Pleno do Concello de Camariñas, en sesión celebrada o día 5 de febreiro de 2025, aprobou inicialmente a modificación da relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Camariñas, sometido o documento a exposición pública polo prazo de vinte días sen que foran presentadas alegacións, quedou elevado a definitivo o acordo de aprobación sen necesidade de acto administrativo posterior e foi publicado no BOP núm. 54 do 20/03/2025.
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/03/20/2025_0000001669.html
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.