ANUNCIO ACEPTACIÓN PROPOSTA CONTRATACIÓN PEÓNS (PEL-CONCELLOS 2025)
EXP: 2025/E001/000001
ANUNCIO
PEL - ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DE CATRO PEÓNS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS 2025 (PEL-concellos 2025).
EXPTE.: 2025/E001/000001
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 23 DE ABRIL DE 2025.
Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía de data 23 de abril de 2025, mediante o cal se acepta a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación de catro peóns para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2025 (PEL-CONCELLOS 2025), decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DE CATRO PEÓNS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS 2025 (PEL-CONCELLOS 2025).
EXPEDIENTE: 2025/E001/000001
Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante concurso-oposición, de catro peóns ao abeiro da Convocatoria do Programa PEL-CONCELLOS 2025 da Deputación Provincial, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 14/02/2025 e publicadas no BOP núm. 35 do 20/02/2025.
Resultando que en data 07/04/2025 foi publicado o anuncio do resultado final do procedemento de selección, no que consta a relación de candidatos presentado/non presentados coas puntuacións totais acadadas, a relación de candidatos aprobados, a relación de candidatos propostos para a contratación e se concedeu un prazo dez días hábiles para presentación de alegacións contra as puntuacións das fases de oposición e concurso.
Considerando que ten finalizado o prazo concedido para presentación de alegacións contra as puntuacións das fases de oposición e concurso e visto que durante dito prazo non se presentaron alegacións contra as mesmas polo que quedan elevadas a definitivas.
Considerando que unha vez elevadas a definitivas as puntuacións finais os aspirantes xa presentaron a documentación a que fai referencia a base décima da convocatoria.
Considerando que a proposta de contratación dos catro peóns que fai o tribunal baséase na puntuación total/final obtida polos aspirantes, sendo os propostos os primeiros/a castro aspirantes da listaxe ordenada por puntuacións totais/finais, isto é:
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
1 |
LEMA NOVOA, EVARISTO |
10,00 |
2 |
CASTRO BLANCO, SERGIO |
9,00 |
3 |
RODRÍGUEZ CABEZA, EDUARDO |
7,50 |
4 |
LOURENCA DOS RESIS PASANTES, MARCIA |
6,00 |
Vista, pois, a relación de candidatos aprobados e que o tribunal ten elevada a proposta de contratación dos catro peóns.
De conformidade co disposto na base 8ª e 9ª da convocatoria, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
ACORDO:
Primeiro: Aceptar a listaxe de aprobados formulada polo tribunal cualificador no proceso de selección para a contratación de catro peóns ao abeiro da Convocatoria do Programa PEL-CONCELLOS 2025 da Deputación Provincial.
Segundo: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación dos seguintes catro candidatos para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2025 (PEL-CONCELLOS 2025), segundo a puntuación final, de maior a menor, obtida polos aspirantes aprobados que a continuación se indica:
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
1 |
LEMA NOVOA, EVARISTO |
10,00 |
2 |
CASTRO BLANCO, SERGIO |
9,00 |
3 |
RODRÍGUEZ CABEZA, EDUARDO |
7,50 |
4 |
LOURENCA DOS RESIS PASANTES, MARCIA |
6,00 |
Terceiro: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria acumulada, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.