Sede electrónica Concello de Camariñas

21:07:05 Martes 6 de maio 2025

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

23/04/2025

ANUNCIO NOMEAMENTO DE Dª CRISTINA SANTOS DÍAZ COMO CSS

EXP: 2023/E001/000012

ANUNCIO

NOMEAMENTO DE Dª CRISTINA SANTOS DÍAZ COMO FUNCIONARIA INTERINA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, COORDINADORA SERVIZOS SOCIAIS.

EXPTE.: 2023/E001/000012

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 23 DE ABRIL DE 2025.

A Alcaldía ditou en data 23 de abril de 2025, o Decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: NOMEAMENTO DE Dª CRISTINA SANTOS DÍAZ COMO FUNCIONARIA INTERINA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, COORDINADORA SERVIZOS SOCIAIS.

EXPEDIENTE DECRETO: 2025/G003/000340

EXPEDIENTE DE ORIXE: 2023/E001/000012

Vista a necesidade de cubrir temporalmente a praza de COORDINADORA SERVIZOS SOCIAIS, con código 5100, Grupo A2, posto que a persoa titular da mesma xubilouse o pasado día 13/04/2025.

Vistas as bases reguladoras publicadas no BOP nº 243 do 22/12/2023 para a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de funcionario/a interino/a do grupo A, subgrupo A2, escala de administración especial, subescala técnica: coordinador/a servizos sociais do Concello de Camariñas co obxecto da substitución transitoria durante o tempo estritamente necesario conforme aos motivos sinalados no artigo 10.1.c) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

Vista a aprobación da bolsa de emprego para proceder á provisión temporal de prazas mediante o nomeamento de funcionarios interinos da escala de administración especial, subescala técnica, coordinador/a servizos sociais do Concello de Camariñas publicada no BOP nº 49 do 08/03/2024, na que consta a listaxe e orde definitiva de chamamento dos integrantes da mesma.

Resultando que a Base 13 que rexe o procedemento, literalmente regula:

Realizado o chamamento e presentada a documentación polo interesado a Sra. Alcaldesa efectuará o nomeamento, a favor da persoa candidata proposta, como funcionario/a interino/a. O nomeamento deberá ser notificado ao interesado/a, o cal deberá tomar posesión dentro do prazo máximo de tres días hábiles, contado desde a data de notificación, tendo en conta que dito nomeamento realizarase con carácter de interinidade vinculado á circunstancia que deu lugar á súa selección.

O cese da persoa funcionaria interina seleccionada producirase pola causas indicadas nas presentes bases mediante a sinatura da correspondente acta de cese. A resolución de nomeamento deberá igualmente ser publicada no taboleiro do Concello co réxime de recursos que proceda.

Vista a relación de persoal da bolsa de traballo aprobada, na que figura en primeiro lugar Dª Cristina Santos Díaz.

Vista a Providencia da Alcaldía de data 14/04/2025 mediante a cal se propón o chamamento e o nomeamento da candidata que figura en primeiro lugar na bolsa de emprego, Dª Cristina Santos Díaz.

Visto que realizado o chamamento e requirimento de documentación, en data 16/04/2025, dentro do prazo concedido ao efecto, a candidata proposta para ser nomeada como Coordinadora Servizos Sociais, presenta a documentación requirida á que se refire a base 12ª da convocatoria e achada a mesma conforme.

Á vista, pois, do exposto e que pola intervención municipal se ten emitido o preceptivo certificado de existencia de crédito é polo que en uso das facultades que me confire o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

Primeiro: Nomear a Dª CRISTINA SANTOS DÍAZ,  como funcionaria interina da escala de Administración Especial, Subescala Técnica, COORDINADORA SERVIZOS SOCIAIS, polos motivos sinalados no artigo 10. 1 a) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do estatuto básico do empregado público (TREBEP) é dicir,  praza vacante por xubilación da titular; polo que poderá ocupar dita praza ata a súa cobertura por funcionario de carreira (sen prexuízo do establecido no artigo 23.3 da Lei de Emprego público de Galicia).

Segundo: De conformidade coa Base 3ª que rexe no procedemento de selección para creación da bolsa, o seu cese producirase no momento en que desaparezan as causas que xustificaron o seu nomeamento, sen prexuízo do previsto no art. 63 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP).

En todo caso, o Concello de Camariñas, de conformidade coa Base 3ª que rexe no procedemento de selección para creación da bolsa, formalizará de oficio a finalización da relación de interinidade por calquera das seguintes causas, ademais de polas previstas no antedito artigo 63, sen dereito a compensación algunha, pola cobertura regrada do posto por persoal funcionario de carreira a través de calquera dos procedementos legalmente establecidos, a saber, finalización da causa que deu lugar ao seu nomeamento.

Terceiro.- Advertir que de conformidade coa Base 13, Dª CRISTINA SANTOS DÍAZ,  deberá tomar posesión dentro do prazo máximo de tres días hábiles, contado desde a data de notificación, tendo en conta que dito nomeamento realizarase con carácter de interinidade vinculado á circunstancia que deu lugar á súa selección.

Cuarto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos na sede electrónica do Concello de Camariñas, coa indicación expresa dos recursos que cabe interpor contra a presente resolución, a saber, contra o acordo que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de A Coruña no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Si optásese por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor Vd. calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria acumulada, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa, Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: