Sede electrónica Concello de Camariñas

16:50:07 Xoves 3 de xullo 2025

Información

PERSOAL

02/07/2025

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DO PROCESO DE SELECCIÓN DE TÉCNICO/A APROL RURAL

EXP: 2025/E001/000004

ANUNCIO

Asunto: APROL - APROBACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DUN/DUNHA TÉCNICO/A RESPONSABLE DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS (APROL RURAL 2025).

EXPEDIENTE: 2025/E001/000004

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 2/7/2025

De conformidade co disposto na Base 5ª das bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso, dun/dunha técnico/a responsable do servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias ao abeiro da subvención concedida no marco da orde da consellería de emprego, comercio e emigración do 5 de marzo pola que se establecen as bases que regulan subvencións para o fomento do emprego no medio rural (aprol rural) e procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2025 (código de procedemento TR351G). (dog núm. 50, do 13/3/2025), faise público o Decreto da Alcaldía de data 2/7/2025, mediante o cal se aproba a listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo, decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: APROL - APROBACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DUN/DUNHA TÉCNICO/A RESPONSABLE DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS (APROL RURAL 2025).

EXPEDIENTE: 2025/E001/000004

Considerando que ten finalizado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no procedemento para a contratación laboral temporal dun/dunha técnico/a responsable do servizo de dun/dunha técnico/a responsable do servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias ao abeiro da subvención concedida no marco da orde da consellería de emprego, comercio e emigración do 5 de marzo pola que se establecen as bases que regulan subvencións para o fomento do emprego no medio rural (aprol rural) e procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2025 (código de procedemento TR351G). (dog núm. 50, do 13/3/2025), cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 5/6/2025 e publicadas no taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas en data 5/6/2025.

Considerando as condicións establecidas na base 3ª que rexe a convocatoria é polo que en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente e de conformidade co disposto na Base 5ª da convocatoria,

ACORDO:

Primeiro.- Aprobar a seguinte lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos para a contratación laboral temporal dun/dunha técnico/a responsable do servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias,

Admitidos provisionalmente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

1

LÓPEZ DE LA OSA MANSO, JAVIER

***9431**

2

BARCIA DOPAZO, GUSTAVO VALENTÍN

***9516**

Excluídos provisionalmente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

MOTIVO EXCLUSIÓN

1

MOSTEIRO SÁNCHEZ, MANUEL

***3072**

1, 2

Motivos da exclusión:

1. Non achega DNI. (Base 4.1.b).

2. Acreditar que a incapacidade alegada non é incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opta. (Base 3.D).

-----------

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñece aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a correspondente resolución. Se nun momento posterior se desprende que non se posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos.

Segundo.- Os aspirantes excluídos provisionalmente, así como os omitidos na relación de admitidos ou excluídos provisionais disporán dun prazo de 3 días hábiles, contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución no Taboleiro de Anuncios do Concello, para subsanar os defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión das relacións de admitidos e excluídos provisionalmente.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria acctal., que asino aos únicos efectos de fe pública.”

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: