Sede electrónica Concello de Camariñas

00:06:35 Xoves 10 de xullo 2025

Información

Administración Xeral

07/07/2025

Anuncio final Bolsa auxiliar administrativo

EXP: 2025/E001/000003

ANUNCIO

Publícase para xeral coñecemento o Decreto da Alcaldía do Concello de Camariñas núm. 540/2025 de data 07/07/25 mediante o cal que se aproba a bolsa de emprego para proceder á provisión temporal de prazas mediante o nomeamento de funcionario/a interino/a para a praza de auxiliar administrativo/a do Concello de Camariñas.

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: APROBACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO PARA A PROVISIÓN DUN FUNCIONARIO/A INTERINO/A PARA A PRAZA DE auxiliar ADMINISTRATIVO/A DO CONCELLO DE CAMARIÑAS.

EXPTE.: 2025/E001/000003

Por Decreto da Alcaldía de data 28 de marzo de 2025 acordouse aprobar as bases para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión, mediante oposición dun funcionario/a interino/a, para a praza de auxiliar administrativo/a do Concello de Camariñas para futuros nomeamentos.

O anuncio das ditas bases e a convocatoria das probas selectivas foi publicado no BOP núm. 64, do 03/04/2025.

Vista a acta final do proceso de oposición e a listaxe definitiva de aprobados formulada polo Tribunal Cualificador do proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión dun funcionario/a interino/a, para a praza de auxiliar administrativo/a do Concello de Camariñas.

Considerando que a listaxe de aspirantes aprobados formulada polo tribunal, basease na puntuación obtida por estes aspirantes no total do procedemento, así como determinar o desempate existente  segundo o regulado nas bases da convocatoria, quedando a listaxe  definitiva como  figura a continuación:

NÚM.

APELIDOS E NOME

TEST

SUP.PRÁCTICO

TOTAL

1

PABLO DIAZ COTELO

22,30

45,50

67,80

2

LORENA RODRIGUEZ VALIÑA

19,30

48,50

67,80

3

NOELIA Mª LEMA AMADO

20,20

42,30

62,50

4

ANA BELEN GARCÍA PEREIRAS

19

42

61

5

FERNANDO CAMBEIRO LEMA

20,70

32,50

53,20

6

ADRIAN JOSÉ VÁZQUEZ RODRIGUEZ

16,80

30

46,80

 

Verificado o cumprimento dos requisitos esixidos polas bases da convocatoria e de conformidade co disposto na base 9ª, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

Primeiro: Aceptar a listaxe de aprobados formulada polo tribunal cualificador para a creación dunha bolsa de emprego para a provisión dun funcionario/a interino/a, para a praza de auxiliar administrativo/a do Concello de Camariñas.

Segundo: Aos efectos do previsto na Base 9ª da convocatoria, aprobase a seguinte listaxe de aprobados formulada polo tribunal cualificador e queda establecida a bolsa de emprego para a provisión dun funcionario/a interino/a, para a praza de auxiliar administrativo/a do Concello de Camariñas, na orde de chamamento segundo a puntuación final obtida polos aspirantes aprobados que a continuación se indica:

ORDE DE
 CHAMAMENTO

APELIDOS E NOME

TOTAL

PABLO DIAZ COTELO

67,80

LORENA RODRIGUEZ VALIÑA

67,80

NOELIA Mª LEMA AMADO

62,50

ANA BELEN GARCÍA PEREIRAS

61,00

FERNANDO CAMBEIRO LEMA

53,20

ADRIAN JOSÉ VÁZQUEZ RODRIGUEZ

46,80

Terceiro: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no BOP e na sede electrónica do Concello de Camariñas.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria acumulada, que asino aos únicos efectos de fe pública.”

Camariñas, 07 de xullo de 2025

A alcaldesa

Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: