Sede electrónica Concello de Camariñas

10:20:00 Sábado 23 de agosto 2025

Información

SECRETARÍA

18/07/2025

Aprobación de Oferta de Empleo Público 2025

EXP: 2025/E003/000001

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público 2025 do Concello de Camariñas.

O Concello de Camariñas, mediante Resolución da Alcaldía número 573/2025, do 17 de xullo de 2025, acordou aprobar a Oferta de Emprego Público 2025, que se transcribe a continuación:

“Primeiro.- Aprobar a Oferta de Emprego Público deste Concello para o ano 2025, que contén os seguintes postos de traballo:

PERSONAL LABORAL

CÓDIGO

RPT

GRUPO

LABORAL

CLASIFICACIÓN

Nº VACANTES

DENOMINACIÓN

SISTEMA ACCESO

7104

IV

PERSONAL LABORAL

1

MONITOR/A DEPORTIVO/A

CONCURSO-OPOSICIÓN

4118

V

PERSONAL LABORAL

1

OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES

CONCURSO-OPOSICIÓN

4114

V

PERSONAL LABORAL

1

OPERARIO/A CONDUCTOR/A DE LIXO

PROMOCIÓN INTERNA

4115

V

PERSONAL LABORAL

1

OPERARIO/A CONDUTOR

PROMOCIÓN INTERNA

                   

 

PERSONAL FUNCIONARIO DE CARREIRA

CÓDIGO RPT

GRUPO

SUBGRUPO

Nº VACANTES

DENOMINACIÓN

SISTEMA ACCESO

5100

A

A2

1

COORDINADOR/A SERVIZOS SOCIAIS (ADMINISTRACIÓN ESPECIAL SUBESCALA TÉCNICA)

CONCURSO-OPOSICIÓN

FUNCIONARIZACIÓN

CÓDIGO RPT

GRUPO

Nº VACANTES

DENOMINACIÓN

SISTEMA ACCESO

AREA

5105

IV

1

AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

(ESCALA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA AUXILIAR)

PROMOCIÓN INTERNA FUNCIONARIZACIÓN

SERVIZOS SOCIAIS

2005

IV

1

AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

(ESCALA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA AUXILIAR)

PROMOCIÓN INTERNA FUNCIONARIZACIÓN

ÁREA ECONÓMICA

Segundo.- Publicar a Oferta de Emprego Público no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste Concello https://camarinas.net e no Boletín Oficial da Provincia. Remitir una copia do acordo á Administración Xeral do Estado aos efectos do establecido no artigo 56.1 de la LBRL.

Terceiro.- Convocar as prazas ofertadas en execución da presente Oferta de Emprego Público dentro do prazo improrrogable de tres anos a contar desde a súa data de publicación”.

Este acordo pon fin á vía administrativa. Contra el pode interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, a contar dende o día seguinte ao da data da súa notificación (artigo 116.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común). O recurso potestativo de reposición terá que resolverse e notificarse no prazo dun mes; porén, entenderase desestimado se transcorre este prazo sen que se lle notifique a resolución expresa (artigos 117.2 e 43.2 da dita Lei 30/1992). Tamén poderá impugnar este acordo alternativamente mediante a interposición dun recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contenciosa-administrativa, no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ao da súa notificación (artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa). Contra a resolución do recurso de reposición poderá interpoñer un recurso contencioso administrativo ante o órgano competente da xurisdición contenciosa-administrativa no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, ou no de seis meses se non o fose. Este prazo computarase dende o día seguinte ao do que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou dende o día en que deba entenderse presuntamente desestimado (artigo 46.1 e 4 da dita Lei 29/1998). Non obstante, poderá utilizar calquera outro recurso que estime conveniente.

Camariñas, 18 de xullo de 2025

A Alcaldesa

Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: