Anuncio de aprobación de listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos peón conductor briga
EXP: 2025/E001/000008
ANUNCIO
APROBACIÓN DA LISTAXE definitiva DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN dun peon condutor DE BRIGADA ao abeiro do CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN (PEPAC) 2023-2027.
ExpTE. TEDEC: 2025/E001/000008
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 22 DE XULLO DE 2025.
De conformidade co disposto na Base 5ª e 6ª da Convocatoria para a contratación laboral temporal dun peón condutor de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 23/6/2025 e publicadas no BOP número 122 do 30/6/2025, faise público o Decreto da Alcaldía de data 22 de xullo de 2025, mediante o cal se aproba a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as e se convoca aos aspirantes admitidos/as para a realización de exercicios da oposición do proceso selectivo, decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DUN PEÓN CONDUTOR DE BRIGADA ao abeiro do CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN (PEPAC) 2023-2027.
EXPEDIENTE CONVOCATORIA: 2025/E001/000008
Considerando que ten finalizado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no procedemento para a contratación laboral temporal de 1 peón condutor de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 23/6/2025 e publicadas no BOP número 122 do 30/6/2025.
Considerando as condicións establecidas na base 3ª que rexe a convocatoria é polo que en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente e de conformidade co disposto na Base 5ª E 6ª da convocatoria,
ACORDO:
Primeiro.- Proceder á designación nominal dos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, titulares e suplentes, que serán os seguintes:
PRESIDENTE |
Titular |
Dª Francisco José Puga Bestilleiro, Técnico Deportivo do Concello de Camariñas |
|
Suplente |
D. José Manuel Sestayo López, Técnico Informático do Concello de Camariñas |
VOGAIS |
Titular |
Dª Alicia Queiro Pérez, Técnica Económico Financeira do Concello de Camariñas |
|
Suplente |
Dª Mª Asunción Méndez Vilalta, Arquitecta do Concello de Camariñas |
|
Titular |
Dª Dolores Lema Mouzo, Directora da Mostra do Encaixe do Concello de Camariñas |
|
Suplente |
Dª Ana Mª Martínez Díaz, Animadora Cultural do Concello de Camariñas |
|
Titular |
D. Luís Carreira Martínez, Policia Local do Concello de Camariñas |
|
Suplente |
Dª María Emilia García Maneiro, Interventora do Concello de Camariñas |
SECRETARIA |
Titular |
Dª Margarita Seijas Carballal, Orientadora Laboral do Concello de Camariñas |
|
Suplente |
D. Victorino Nión Carril, Administrativo do Concello de Camariñas |
Segundo.- Aprobar a seguinte listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun peón condutor de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026.
Admitidos definitivamente:
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
DNI |
1 |
LEMA MARTÍNEZ, FLORINDO |
***4982** |
2 |
LUACES CASTRO, DANIEL |
***1541** |
Excluídos definitivamente:
Ningún.
O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñece aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a correspondente resolución. Se nun momento posterior se desprende que non se posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos.
Terceiro.- Que o Tribunal cualificador se reúna para a súa constitución e para realización da 1ª proba da oposición (proba de esforzo físico) o día 24 de xullo de 2025, ás 9:30 horas, na Clínica Carballo en Rúa Tarragona – esquina Paseo Fluvial Baixo - Carballo, e as restantes probas (cuestionario tipo test e coñecemento de galego, no seu caso) o día 28 de xullo de 2025, ás 11:00 horas, na Área Recreativa do Ariño - Xaviña.
Cuarto.- Convocar aos aspirantes admitidos/as para o próximo día 24 de xullo de 2025, ás 9:30 horas, Clínica Carballo na rúa Tarragona, s/n, Esq. Paseo Fluvial. 15100 - Carballo, para a realización da 1ª proba da oposición prevista na base 7ª da convocatoria, proba física de esforzo físico.
Convocar aos aspirantes que superen a primeira proba para o próximo día 28 de xullo de 2025, ás 11:00 horas, na Área Recreativa do Ariño - Xaviña, para a realización da 2ª proba da oposición prevista na base 7ª da convocatoria, cuestionario tipo test.
Os aspirantes deberán acudir ás probas na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.
Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.
A actuación dos aspirantes no exercicio levarase a cabo por orde alfabética, empezando por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra “F” conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2025 (DOG número 16, de data 24 de xaneiro de 2025). Ao remate de cada proba o tribunal comunicará a viva voz o resultado da mesma e se superaron ou non a proba.
Quinto.- Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a título meramente informativo, na Sede Electrónica do Concello de Camariñas.
Sexto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.