Sede electrónica Concello de Camariñas

10:56:30 Xoves 31 de xullo 2025

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

22/07/2025

Anuncio de aprobación de listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos xefe briga

EXP: 2025/E001/000007

ANUNCIO

APROBACIÓN DA LISTAXE definitiva DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN dun XEFE DE BRIGADA ao abeiro do CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN (PEPAC) 2023-2027.

ExpTE. TEDEC: 2025/E001/000007

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 22 DE XULLO DE 2025.

De conformidade co disposto na Base 5ª e 6ª da Convocatoria para a contratación laboral temporal dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 23/6/2025 e publicadas no BOP número 122 do 30/6/2025, faise público o Decreto da Alcaldía de data 22 de xullo de 2025, mediante o cal se aproba a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as e se convoca aos aspirantes admitidos/as para a realización de exercicios da oposición do proceso selectivo, decreto que a continuación se transcribe:

 “DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto:  APROBACIÓN DA LISTAXE definitiva DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN dun XEFE DE BRIGADA ao abeiro do CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN (PEPAC) 2023-2027.

EXPEDIENTE CONVOCATORIA: 2025/E001/000007

Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 490/2025 de data 23/06/2025 se aprobaron a bases que rexen a convocatoria de selección para a contratación laboral temporal dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 23/6/2025 e publicadas no BOP número 122 do 30/6/2025.

Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 122 do 30/06/2025 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.

Visto que en data 10 de xullo de 2025, mediante Decreto 557/2025, foi aprobada a listaxe provisional de admitidos e excluídos, que foi publicada no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas, concedendo aos interesados un prazo de 3 días hábiles, contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución no Taboleiro de Anuncios do Concello, para subsanar os defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión das relacións de admitidos e excluídos.

Visto que finalizado o antedito prazo non foron presentadas subsanacións ou alegacións de omisión á lista provisional, de conformidade co disposto na lexislación vixente e nas Bases 5ª e 6ª da convocatoria, e tendo en conta as facultades atribuidas a esta Alcaldía polo artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, pola presente,

ACORDO:

Primeiro.- Proceder á designación nominal dos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, titulares e suplentes, que serán os seguintes:

PRESIDENTE

Titular

Dª Francisco José Puga Bestilleiro, Técnico Deportivo do Concello de Camariñas

 

Suplente

D. José Manuel Sestayo López, Técnico Informático do Concello de Camariñas

VOGAIS

Titular

Dª Alicia Queiro Pérez, Técnica Económico Financeira do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Mª Asunción Méndez Vilalta, Arquitecta do Concello de Camariñas

 

Titular

Dª Dolores Lema Mouzo, Directora da Mostra do Encaixe do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Ana Mª Martínez Díaz, Animadora Cultural do Concello de Camariñas

 

Titular

D. Luís Carreira Martínez, Policia Local do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª María Emilia García Maneiro, Interventora do Concello de Camariñas

SECRETARIA

Titular

Dª Margarita Seijas Carballal, Orientadora Laboral do Concello de Camariñas

 

Suplente

D. Victorino Nión Carril, Administrativo do Concello de Camariñas

Segundo.- Aprobar a seguinte listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026,

Admitidos definitivamente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

1

ROMERO NEGREIRA, DANIEL

***0664**

Excluídos definitivamente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

MOTIVO

EXCLUSIÓN

1

LUACES CASTRO, DANIEL

***1541**

1

Motivos da exclusión:

1. Non presentar ninguha das titulacións esixibles da base 3.b) “Estar en posesión do título esixible, ou en condicións de obtelo, na data en que termine o prazo de presentación de instancias; a citada titulación será enxeñería de montes, enxeñería técnica forestal, técnico/a superior en xestión forestal e do medio natural, técnico/a en aproveitamento e conservación do medio natural, técnico/a en emerxencias e protección civil ou formación profesional equivalente”.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñece aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a correspondente resolución. Se nun momento posterior se desprende que non se posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos.

Terceiro.- Que o Tribunal cualificador se reúna para a súa constitución e para realización da 1ª proba da oposición (proba de esforzo físico) o día 24 de xullo de 2025, ás 9:30 horas, na Clínica Carballo en Rúa Tarragona – esquina Paseo Fluvial Baixo - Carballo, e as restantes probas (cuestionario tipo test e coñecemento de galego, no seu caso) o día 28 de xullo de 2025, ás 9:00 horas, no salón de plenos do Concello de Camariñas.

Cuarto.- Convocar aos aspirantes admitidos/as para o próximo día 24 de xullo de 2025, ás 9:30 horas, Clínica Carballo na rúa Tarragona, s/n, Esq. Paseo Fluvial. 15100 - Carballo, para a realización da 1ª proba da oposición prevista na base 7ª da convocatoria, proba física de esforzo físico.

Convocar aos aspirantes que superen a primeira proba para o próximo día 28 de xullo de 2025, ás 9:00 horas, no Salón de Pleno do Concello de Camariñas, Praza de Insuela, 57 - Camariñas, para a realización da 2ª proba da oposición prevista na base 7ª da convocatoria, cuestionario tipo test.

Os aspirantes deberán acudir ás probas na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.

Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.

A actuación dos aspirantes no exercicio levarase a cabo por orde alfabética, empezando por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra “F” conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2025 (DOG número 16, de data 24 de xaneiro de 2025). Ao remate de cada proba o tribunal comunicará a viva voz  o resultado da mesma e se superaron ou non a proba.

Quinto.- Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a título meramente informativo, na Sede Electrónica do Concello de Camariñas.

Sexto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria acumulada, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: