Anuncio de aprobación de listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos peóns briga
EXP: 2025/E001/000009
ANUNCIO
APROBACIÓN DA LISTAXE definitiva DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN de tres peóns DE BRIGADA ao abeiro do CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN (PEPAC) 2023-2027.
ExpTE. TEDEC: 2025/E001/000009
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 22 DE XULLO DE 2025.
De conformidade co disposto na Base 5ª e 6ª da Convocatoria para a contratación laboral temporal de tres peóns de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 23/6/2025 e publicadas no BOP número 122 do 30/6/2025, faise público o Decreto da Alcaldía de data 22 de xullo de 2025, mediante o cal se aproba a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as e se convoca aos aspirantes admitidos/as para a realización de exercicios da oposición do proceso selectivo, decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: APROBACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE 3 PEÓNS DE BRIGADA AO ABEIRO DO CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026.
EXPEDIENTE CONVOCATORIA: 2025/E001/000009
Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 491/2025 de data 23/06/2025 se aprobaron a bases que rexen a convocatoria de selección para a contratación laboral temporal de tres peóns de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 23/6/2025 e publicadas no BOP número 122 do 30/6/2025.
Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 122 do 30/06/2025 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Visto que en data 11 de xullo de 2025, mediante Decreto 560/2025, foi aprobada a listaxe provisional de admitidos e excluídos, que foi publicada no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas, concedendo aos interesados un prazo de 3 días hábiles, contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución no Taboleiro de Anuncios do Concello, para subsanar os defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión das relacións de admitidos e excluídos.
Visto que finalizado o antedito prazo non foron presentadas subsanacións ou alegacións de omisión á lista provisional, de conformidade co disposto na lexislación vixente e nas Bases 5ª e 6ª da convocatoria, e tendo en conta as facultades atribuidas a esta Alcaldía polo artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, pola presente,
ACORDO:
Primeiro.- Proceder á designación nominal dos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, titulares e suplentes, que serán os seguintes:
PRESIDENTE |
Titular |
Dª Francisco José Puga Bestilleiro, Técnico Deportivo do Concello de Camariñas |
|
Suplente |
D. José Manuel Sestayo López, Técnico Informático do Concello de Camariñas |
VOGAIS |
Titular |
Dª Alicia Queiro Pérez, Técnica Económico Financeira do Concello de Camariñas |
|
Suplente |
Dª Mª Asunción Méndez Vilalta, Arquitecta do Concello de Camariñas |
|
Titular |
Dª Dolores Lema Mouzo, Directora da Mostra do Encaixe do Concello de Camariñas |
|
Suplente |
Dª Ana Mª Martínez Díaz, Animadora Cultural do Concello de Camariñas |
|
Titular |
D. Luís Carreira Martínez, Policia Local do Concello de Camariñas |
|
Suplente |
Dª María Emilia García Maneiro, Interventora do Concello de Camariñas |
SECRETARIA |
Titular |
Dª Margarita Seijas Carballal, Orientadora Laboral do Concello de Camariñas |
|
Suplente |
D. Victorino Nión Carril, Administrativo do Concello de Camariñas |
Segundo.- Aprobar a seguinte listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres peóns de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026,
Admitidos definitivamente:
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
DNI |
1 |
LEMA MARTÍNEZ, FLORINDO |
***4982** |
2 |
SANTOS LEMA, JAVIER |
***2750** |
3 |
LUACES CASTRO, DANIEL |
***1541** |
Excluídos definitivamente:
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
DNI |
MOTIVO EXCLUSIÓN |
1 |
CASTRO MÉNDEZ, BREIXO |
***9483** |
1 |
2 |
GONZÁLEZ SONEIRA, OLAF |
***9814** |
1 |
Motivos da exclusión:
1. Incurrir en causa de incapacidade específica conforme a normativa vixente. (Base 3 e Decreto de 26 de julio de 1957 sobre Industrias y Trabajos prohibidos a mujeres y menores por peligrosos o insalubres).
O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñece aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a correspondente resolución. Se nun momento posterior se desprende que non se posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos.
Terceiro.- Que o Tribunal cualificador se reúna para a súa constitución e para realización da 1ª proba da oposición (proba de esforzo físico) o día 24 de xullo de 2025, ás 9:30 horas, na Clínica Carballo en Rúa Tarragona – esquina Paseo Fluvial Baixo - Carballo, e as restantes probas (cuestionario tipo test e coñecemento de galego, no seu caso) o día 28 de xullo de 2025, ás 12:00 horas, na Área Recreativa do Ariño - Xaviña.
Cuarto.- Convocar aos aspirantes admitidos/as para o próximo día 24 de xullo de 2025, ás 9:30 horas, Clínica Carballo na rúa Tarragona, s/n, Esq. Paseo Fluvial. 15100 - Carballo, para a realización da 1ª proba da oposición prevista na base 7ª da convocatoria, proba física de esforzo físico.
Convocar aos aspirantes que superen a primeira proba para o próximo día 28 de xullo de 2025, ás 12:00 horas, na Área Recreativa do Ariño - Xaviña, para a realización da 2ª proba da oposición prevista na base 7ª da convocatoria, cuestionario tipo test.
Os aspirantes deberán acudir ás probas na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.
Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.
A actuación dos aspirantes no exercicio levarase a cabo por orde alfabética, empezando por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra “F” conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2025 (DOG número 16, de data 24 de xaneiro de 2025). Ao remate de cada proba o tribunal comunicará a viva voz o resultado da mesma e se superaron ou non a proba.
Quinto.- Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a título meramente informativo, na Sede Electrónica do Concello de Camariñas.
Sexto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria acumulada, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.