Sede electrónica Concello de Camariñas

10:44:44 Xoves 31 de xullo 2025

Información

Tesoureria

23/07/2025

PADRÓN DA TAXA POR SUBMINISTRO DE AUGA DO EXERCICIO 2025

EXP: 2025/X999/000142

Anuncio publicado no BOP nº 139 de data 23/07/2025

ANUNCIO

Aprobado por Resolución da Alcaldía do día 21 de xullo de 2025 o Padrón da taxa por subministro de auga (incluído o canon de auga e o canon de xestión de depuradoras), correspondente ao exercicio de 2025, sométese este a exposición pública por prazo de vinte días para os efectos de presentación das reclamacións que se consideren oportunas.

De non presentarse reclamacións contra o dito Padrón durante o período de exposición pública, entenderase definitivamente aprobado.

A presente publicación ten a consideración de notificación  colectiva conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria.

Transcorrido o prazo de exposición pública, poderá interpoñerse no prazo dun mes o recurso de reposición previsto no artigo 108 da Lei 7/1985, do 2 de abril e no artigo 14.2 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, ante o mesmo órgano que os aprobou. Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou ata que se produza a súa desestimación por silencio. Transcorrido un mes dende a interposición do recurso de reposición sen que se notifique a súa resolución entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa.

O recurso contencioso-administrativo pode ser interposto ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados dende o seguinte ao que lle sexa notificada a resolución expresa do recurso de reposición ou seis meses dende a data en que transcorra un mes da interposición do devandito recurso de reposición.

No referente á repercusión do canon da auga e o canon de xestión de depuradoras incluídos no Padrón da taxa por subministro de auga, estes poderán ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda da Consellería de Facenda no prazo dun mes a contar dende a finalización do prazo de exposición pública.

A falta de pagamento do canon de auga e do canon de xestión de depuradoras no período voluntario suporá a esixencia destes directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

Camariñas, 21 de xullo de 2025

A Alcaldesa

Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: