Sede electrónica Concello de Camariñas

21:58:21 Mércores 13 de agosto 2025

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

31/07/2025

Publicación decreto de aceptación de porposta do tribunal e requirimento documentación xerfe brigada

EXP: 2025/E001/000007

ANUNCIO

XBI - ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN dun XEFE DE BRIGADA ao abeiro do CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026.

EXPEDIENTE: 2025/E001/000007

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 31 DE XULLO DE 2025.

Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía de data 31 de xullo de 2025, mediante o cal se acepta a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DUN XEFE DE BRIGADA AO ABEIRO DO CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026.

EXPEDIENTE: 2025/E001/000007

Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante oposición, dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 23/6/2025 e publicadas no BOP número 122 do 30/6/2025.

Resultando que en data 30/07/2025 foi publicado o anuncio do resultado final do procedemento de selección, no que consta a relación de candidatos coas puntuacións totais acadadas, a relación de candidatos aprobados e a relación de candidatos propostos para a contratación.

Considerando que a proposta de contratación dun xefe de brigada que fai o tribunal baséase na puntuación total/final obtida polos aspirantes, sendo o proposto o primeiro aspirante da listaxe ordenada por puntuacións totais/finais, isto é:

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN TOTAL

1

ROMERO NEGREIRA, DANIEL

22,30

Vista, pois, a relación de candidatos aprobados e que o tribunal ten elevada a proposta de contratación do xefe de brigada.

De conformidade co disposto na base 8ª e 9ª da convocatoria, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

Primeiro: Aceptar a listaxe de aprobados formulada polo tribunal cualificador no proceso de selección para a contratación dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026.

Segundo: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación do seguinte candidato para o posto de xefe de brigada, segundo a puntuación final, de maior a menor, obtida polos aspirantes aprobados que a continuación se indica:

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN TOTAL

ROMERO NEGREIRA, DANIEL

22,30

Terceiro: Requirir ao aspirante proposto, D. Daniel Romero Negreira, para que dentro do prazo máximo de 3 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, proceda a presentar a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.

Cuarto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria acumulada, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: