Sede electrónica Concello de Camariñas

08:38:37 Domingo 19 de outubro 2025

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

17/10/2025

Anuncio chamamento e requirimento de documentación a candidato da bolsa de emprego OSM 2023

EXP: 2023/E001/000011

ANUNCIO DE CHAMAMENTO DE CANDIDATOS

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 17 DE OUTUBRO DE 2025.

PROCEDEMENTO: BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN NA MODALIDADE DE SUBSTITUCIÓN DUN OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES, GRUPO V, (ARTIGO 15.1.C DO TRLET)

ASUNTO: CHAMAMENTO DE PRIMEIRO CANDIDATO DA BOLSA DE EMPREGO E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN.

EXPTE. TEDEC: 2023/E001/000011

PERÍODO DE SUBSTITUCIÓN: do 03/11/2025 ao 28/11/2025

MOTIVO DA SUBSTITUCIÓN: Asuntos propios/Vacacións

De conformidade co disposto na providencia da Alcaldía de data 17/11/2025 e nas bases 8ª e 9ª da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal, mediante oposición, de operario de servizos múltiples, grupo V para substitución (artigo 15.1.C do TRLET), aprobada por decreto da alcaldía de data 17/11/2023, por medio do presente procédese ao chamamento do aspirante que figura en primeiro lugar na dita bolsa de emprego:

Requirindo a D. EVARISTO LEMA NOVOA, candidato que figura en primeiro lugar na bolsa de emprego, para que no prazo de tres días hábiles, a contar desde a publicación do chamamento no Taboleiro de anuncios e na web do concello, presente a documentación a que se refire a base novena da convocatoria, co fin de proceder, no seu caso, a súa contratación como operario de servizos múltiples.

Advertir ademais que deberá de comunicar para poder formalizar, no seu caso, o contrato de traballo o seu número de afiliación á Seguridade Social.

Camariñas, a asinado dixitalmente

A Alcaldesa

Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: