Sede electrónica Concello de Camariñas

17:56:30 Mércores 21 de xaneiro 2026

Información

Departamento de persoal

21/01/2026

Anuncio de chamamento e requirimento de document. á 1ª candidata da bolsa de emprego auxiliar museo

EXP: 2024/E001/000007

ANUNCIO DE CHAMAMENTO DE CANDIDATOS

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 21 DE XANEIRO DE 2026.

PROCEDEMENTO: BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE AUXILIAR DE MUSEO, GRUPO IV, PARA SUBSTITUCIÓN (ARTIGO 15. DO TRLET).

ASUNTO: CHAMAMENTO DE PRIMEIRO CANDIDATO DA BOLSA DE EMPREGO E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN.

EXPTE TEDEC: 2024/E001/000007

MOTIVO DA SUBSTITUCIÓN: Baixa médica incapacidade laboral temporal permanente

 

De conformidade co disposto na providencia da Alcaldía de data 21/01/2026 e nas bases 8ª e 9ª da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal, mediante oposición, de auxiliar de museo, grupo IV, xornada parcial, para substitución (ARTIGO 15. DO TRLET), aprobada por decreto da alcaldía núm. 499/2025 de data 27/06/2025, por medio do presente procédese ao chamamento do aspirante que figura en primeiro lugar na dita bolsa de emprego:

Requirindo a Dª ROSA Mª MOUZO PASANTES, candidata que figura en primeiro lugar na bolsa de emprego, para que no prazo de tres días hábiles, a contar desde a publicación do chamamento no Taboleiro de anuncios e na web do concello, presente a documentación a que se refire a base novena da convocatoria, co fin de proceder, no seu caso, a súa contratación como auxiliar de museo.

Advertir ademais que deberá de comunicar para poder formalizar, no seu caso, o contrato de traballo o seu número de afiliación á Seguridade Social.

Camariñas, a asinado dixitalmente

O Alcalde en funcións

Sergio Caamaño Fernández


Xustificantes de Publicación: