Sede electrónica Concello de Camariñas

00:56:25 Martes 3 de marzo 2026

Información

Departamento de persoal

02/03/2026

Aprobación listaxe provisional de aspirantes admitidos/excluídos praza Coord. Servizos Sociais

EXP: 2026/E001/000001

ANUNCIO

cSs – aprobación de LISTAXE provisional DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA O NOMEAMENTO DE FUNCIONARIO/A INTERINO/A DO GRUPO A, SUBGRUPO A2, ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA: COORDINADOR/A SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE CAMARIÑAS.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 2 DE MARZO DE 2026.

Faise público para xeral coñecemento o Decreto da Alcaldía núm. 190/2026, de data 27 de febreiro de 2026,  mediante o cal se aproba a listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego para proceder á provisión temporal de prazas mediante o nomeamento de funcionarios interinos da escala de Administración Especial, Subescala Técnica, coordinador/a Servizos Sociais do Concello de Camariñas e se convoca aos aspirantes admitidos/as para a realización da 1ª proba da fase de oposición; o cal se transcribe a continuación:

 “DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: APROBACIÓN DE LISTAXE PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA O NOMEAMENTO DE FUNCIONARIO/A INTERINO/A DO GRUPO A, SUBGRUPO A2, ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA: COORDINADOR/A SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE CAMARIÑAS.

EXPTE.: 2026/E001/0000001

          Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 150/2026 de data 16/02/2026 se aprobaron a bases que rexen a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para proceder á provisión temporal de prazas mediante o nomeamento de funcionarios interinos da escala de Administración Especial, Subescala Técnica, coordinador/a Servizos Sociais do Concello de Camariñas.

          Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 34 de 20/02/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.

          Considerando que ten finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no presente proceso selectivo, revisadas as mesmas e documentación aportada, considerando que todos/as aspirantes reúnen os requisitos, de conformidade co previsto na base oitava da convocatoria e en uso das competencias que me atribúe o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, pola presente

ACORDO:

          Primeiro.- Aprobar a seguinte listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego para proceder á provisión temporal de prazas mediante o nomeamento de funcionarios interinos da escala de Administración Especial, Subescala Técnica, coordinador/a Servizos Sociais do Concello de Camariñas,

Admitidos/as:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

1

VÁZQUEZ SUÁREZ, UXÍA

***0098**

2

DOMÍNGUEZ SUÁREZ, JOSEFA MARÍA

***3803**

3

BERMÚDEZ VÁZQUEZ, MARÍA VANESSA

***6894**

4

LEMA BAÑA, LETICIA

***2925**

5

LEMA NIÓN, OLALLA LLAIZA

***0020**

6

MOREIRA MARTÍNEZ, LAURA

***4428**

7

LEMA ORDÓÑEZ, MARÍA

***4295**

Excluídos/as:

-----------------

          Segundo.- Outorgar un prazo de 3 días naturais, a partir do día seguinte á publicación do presente acordo no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Camariñas, para que calquera dos interesados que o consideren oportuno proceda a subsanar as deficiencias ou presentar as alegacións que estimen oportunas contra a citada listaxe provisional de admitidos e excluídos. No caso de que no citado prazo non se presentasen reclamacións contra a lista provisional, ou non houbera ningún aspirante excluído, entenderase como definitiva.

          Terceiro.- Proceder á designación nominal dos membros, titulares e suplentes, do Tribunal de Selección, que serán os seguintes:

PRESIDENTE

Titular

María Emilia García Maneiro, Interventora do Concello Camariñas.

 

Suplente

Gema Leal Insua, Tesoureira do Concello Camariñas.

VOGAIS

Titular

María Asunción Méndez Vilalta, Arquitecta do Concello Camariñas.

 

Suplente

Antía Pena Dorado, Asesora Técnica RRHH da Deputación Lugo.

 

Titular

Alicia Queiro Pérez, Técnico Xestión Económico Financeira do Concello Camariñas.

 

Suplente

María Teresa Cid Poza, Técnico Administración Xeral do Concello de Ribeira.

 

Titular

Angélica Pose Lema, Traballadora Social do Concello de Zas.

 

Suplente

Luis Taboada Hervella, Interventor do Concello de Brión.

SECRETARIA

Titular

Eva Jardón López, Secretaria do Concello Camariñas.

 

Suplente

Francisco Javier Novoa Juíz, Secretario do Concello Vimianzo.

     Cuarto: Que o Tribunal se reúna para a súa constitución o día 13 de marzo de 2026, ás 9:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

          Quinto.- Convocar aos aspirantes admitidos/as para o próximo día 13 de marzo de 2026, ás 10:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello (praza de Insuela, núm. 57 - Camariñas), para a realización da primeira proba prevista na base 10ª da convocatoria (fase de oposición), cuestionario tipo test sobre o contido do programa da convocatoria contido no Anexo I das bases (parte xeral e parte específica).

Os exercicios, probas e no seu caso lecturas de exercicios escritos practicaranse nun chamamento único, sendo excluído do proceso selectivo quen non compareza, calquera que sexa a causa, salvo previsión normativa específica de rango superior. O chamamento para o inicio das probas realizarase por orde alfabético do primeiro apelido de cada un dos aspirantes.

Os aspirantes deberán acreditar a súa personalidade coa exhibición do documento nacional de identidade ou pasaporte.

          Sexto.- Facer público o presente decreto, de conformidade coa base 8ª da convocatoria, mediante a inserción dos correspondentes anuncios no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas.

          Sétimo.- Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: