Sede electrónica Concello de Camariñas

00:09:00 Martes 17 de marzo 2026

Información

Departamento de persoal

16/03/2026

PUBLICACIÓN ACTA TRIBUNAL PROCESO SELECTIVO CREACIÓN DUNHA BOLSA EMPREGO POSTO CORD. SERV. SOCIAIS

EXP: 2026/E001/000001

SELECCIÓN DE PERSOAL

ASUNTO: PUBLICACIÓN DE ACTAS DO TRIBUNAL DO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA O NOMEAMENTO DE FUNCIONARIO/A INTERINO/A DO GRUPO A, SUBGRUPO A2, ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA: COORDINADOR/A SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE CAMARIÑAS.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 16 DE MARZO DE 2026.

Nº ExpTE. TEDEC: 2026/E001/000001

          Para xeral coñecemento faise pública a acta da reunión celebrada en data 13/03/2026 polo Tribunal cualificador proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego para proceder á provisión temporal de prazas mediante o nomeamento de funcionarios interinos da escala de Administración Especial, Subescala Técnica, coordinador/a Servizos Sociais do Concello de Camariñas, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía núm. 150/2026 de data 16/02/2026  e publicadas no Boletín Oficial da Provincia núm. 34 de 20/02/2026, na que consta o resultado da 1ª proba da oposición, a plantilla de respostas e se concede un prazo de 3 días hábiles, a contar dende o seguinte a data de publicación do presente anuncio, para que as candidatas podan formular as alegacións que teñan por conveniente .

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª. Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: