Sede electrónica Concello de Camariñas

00:24:02 Luns 30 de marzo 2026

Información

SECRETARÍA

27/03/2026

DESIGNACIÓN MEMBROS XURADO DO XXXII CONCURSO NOVEIS DESEÑADORES DE MODA MOSTRA DO ENCAIXE 2026

EXP: 2025/A002/000003

ANUNCIO

DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DO XURADO OFICIAL DO XXXiI CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES DE MODA - MOSTRA DO ENCAIXE 2026.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 25 DE MARZO DE 2026.

Publícase para xeral coñecemento o Decreto da Alcaldía  de data 24 de marzo de 2026, que a continuación se transcribe:

 “DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DO XURADO OFICIAL DO XXXiI CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES DE MODA - MOSTRA DO ENCAIXE 2026.

EXPEDIENTE:

De conformidade co disposto na Base 8ª das bases do XXXII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o 03 / 09 / 2025 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 171 de martes 9 de setembro de 2025, esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente,

ACORDA:

Primeiro.- Designar aos membros do xurado oficial que ditaminará o 1º, 2º 3º e 4º premios de deseño  do XXXII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda que terá lugar durante a XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas, quedando este integrado do seguinte xeito:

Presidente: Modesto Lomba Caneda, deseñador.

Vogais:        Dolores Font Cortés, deseñadora.

                   Felipe Santamaría, deseñador.

                   Ana Álvarez Llera Cabranes, deseñadora.

                   Ignacio Muñoz, deseñador.

                   Joaquín Ruíz Torres , deseñador.

                   Jose Perea Márquez, deseñador. 

                   María Canle Varela, deseñador. 

                   Secretaria: Dª  María Dolores Lema Mouzo, Directora da Mostra do Encaixe

Segundo.- Que o xurado se reúna para a súa constitución e para determinar os catro premios do XXXII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, o próximo venres, día 3 de abril de 2026, no recinto da Mostra do Encaixe.

Terceiro.- Publicar o presente decreto na páxina web do Concello de Camariñas e en medios de prensa.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública.”

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: