Sede electrónica Concello de Camariñas

21:44:28 Mércores 8 de abril 2026

Información

Departamento de persoal

07/04/2026

Anuncio de chamamento e requirimento de document. á 1ª candidata da bolsa de emprego Coord. SS

EXP: 2026/E001/000001

ANUNCIO DE CHAMAMENTO DE CANDIDATOS

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 7 DE ABRIL DE 2026.

PROCEDEMENTO: BOLSA DE EMPREGO PARA O NOMEAMENTO DE FUNCIONARIO/A INTERINO/A DO GRUPO A, SUBGRUPO A2, ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA: COORDINADOR/A SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE CAMARIÑAS.

ASUNTO: CHAMAMENTO DA PRIMEIRA PERSOA CANDIDATA DA BOLSA DE EMPREGO E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN.

EXPTE. TEDEC: 2026/E001/000001

PERÍODO DE SUBSTITUCIÓN: Ata a incorporación da persoa que ocupa dita praza

MOTIVO DA SUBSTITUCIÓN: Baixa por maternidade

 

        De conformidade co disposto na providencia da Alcaldía de data 07/04/2026 e nas bases 12ª e 13ª da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de funcionario/a interino/a do grupo A, subgrupo A2, escala de administración especial, subescala técnica: coordinador/a servizos sociais do Concello de Camariñas para substitución (artigo 10.1.C do TRLET), publicada no BOP núm. 34 do 20/02/2026, por medio do presente procédese ao chamamento da persoa candidata que figura en primeiro lugar na dita bolsa de emprego:

         Requirindo a Dª MARÍA LEMA ORDÓÑEZ, candidata que figura en primeiro lugar na bolsa de emprego, para que no prazo máximo improrrogable de dous (2) días hábiles, a contar desde a publicación do chamamento no Taboleiro electrónico de anuncios do concello, manifeste por escrito o seu interese no posto ofertado.

         No caso de aceptar a candidata proposta o posto ofertado, deberá achegar no prazo máximo de 5 días naturais, contados a partir de manifestar a súa aceptación ao chamamento, os documentos aos que se refire a base 12ª da convocatoria, co fin de proceder, no seu caso, o seu nomeamento na modalidade de substitución como coordinador/a servizos sociais en substitución de traballadora con dereito a reserva de posto.

         Advertir ademais que deberá de comunicar para poder formalizar, no seu caso, o nomeamento o seu número de afiliación á Seguridade Social.

Camariñas, a asinado dixitalmente

A Alcaldesa

Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: