Publicación decreto desestimación alegación contra puntuación fase de concurso
EXP: 2026/E001/000003
ANUNCIO
PEL - DESESTIMACIÓN DAS ALEGACIÓNS FORMULADAS CONTRA A VALORACIÓN PROVISIONAL DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE CATRO PEÓNS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS 2026 (PEL-CONCELLOS 2026).
EXPTE.: 2026/E001/000003
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 1 DE XUÑO DE 2026.
Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía núm. 541/2026 de data 1 de xuño de 2026, mediante o cal se acorda desestimar integramente as alegacións formuladas por D.ª Mª Isabel Barreiro Vigo contra a puntuación da fase de concurso no procedemento de selección de catro peóns para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2026 (PEL-CONCELLOS 2026), decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: DESESTIMACIÓN DAS ALEGACIÓNS FORMULADAS CONTRA A VALORACIÓN PROVISIONAL DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE CATRO PEÓNS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS 2026 (PEL-CONCELLOS 2026).
EXPEDIENTE: 2026/E001/000003
Visto que mediante decreto da Alcaldía núm. 359/2026 de data 9 de abril de 2026 se aprobaron as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a provisión, mediante concurso-oposición, de catro peóns ao abeiro da Convocatoria do Programa PEL-CONCELLOS 2026 da Deputación Provincial, a cales foron publicadas no BOP núm. 68 do 14 de abril de 2026.
Resultando que en data 11/05/2026 foi publicado o anuncio do resultado final do procedemento de selección, no que consta a relación de candidatos presentados/non presentados coas puntuacións totais acadadas, a relación de candidatos aprobados, a relación de candidatos propostos para a contratación, a relación de candidatos propostos para a creación da bolsa de emprego e se concedeu un prazo dez días hábiles para presentación de alegacións contra as puntuacións das fases de oposición e concurso.
Considerando que dentro do prazo concedido para presentación de alegacións foi presentada a seguinte alegación:
D.ª Mª Isabel Barreiro Vigo, rexistro de entrada núm. 202699900000635, de data 25/05/2026.
Resultando que o Tribunal Cualificador, en sesión celebrada o día 29 de maio de 2026, procedeu ao exame e valoración das alegacións presentadas, acordando a desestimación da mesma polos motivos que constan na acta correspondente e, en síntese:
Que non procede a valoración de documentación nova presentada fóra do prazo de presentación de solicitudes.
Considerando o disposto nas bases reguladoras da convocatoria.
En atención ao exposto de conformidade co disposto nas bases, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
ACORDO
Primeiro.- Desestimar integramente as alegacións formuladas por D.ª Mª Isabel Barreiro Vigo, rexistro de entrada núm. 202699900000635, polos motivos expostos na acta do Tribunal Cualificador de data 29 de maio de 2026.
Segundo.- Aprobar definitivamente a valoración de méritos correspondente á fase de concurso do proceso selectivo para a provisión de catro peóns ao abeiro da Convocatoria do Programa PEL-CONCELLOS 2026, quedando as puntuacións definitivas como se indica a continuación:
RESULTADO FASE DE CONCURSO
|
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
|
BOUZAS CARRIL, Mª DEL MONTE |
0,00 |
|
TAJES CANOSA, JOSÉ ANTONIO |
0,00 |
|
PASANTES CANOSA, RAMÓN |
0,00 |
|
MOUZO LÓPEZ, GORKA |
0,00 |
|
TRIÑANES ÁLVAREZ, BRANDÓN |
0,00 |
|
MARTÍNEZ BLANCO, PABLO |
0,00 |
|
LEMA NOVOA, EVARISTO |
2,00 |
|
OBREGÓN RODRÍGUEZ, BELKIS YAQUELÍN |
0,00 |
|
TRILLO PARGA, MIGUEL ÁNGEL |
0,00 |
|
BLANCO MARÍA, ALEXIS |
0,00 |
|
MANRIQUE CASTILLO, BELLA ANTONIA |
0,00 |
|
CANOSA MOUZO, ERIK |
0,00 |
|
CASTRO CURES, IKER |
0,00 |
|
BARREIRO VIGO, MARÍA ISABEL |
0,00 |
|
SOTO ANTELO, JOSÉ MANUEL |
0,00 |
Terceiro.- Publicar a presente resolución no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal, para os efectos oportunos.
Cuarto.- Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante o órgano que o dictou no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a Sección do contencioso administrativo do Tribunal de Instancia correspondente, no prazo de dous meses, contados ambos desde o día seguinte ao da súa publicación/notificación.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.