Sede electrónica Concello de Camariñas

02:52:24 Sábado 6 de xuño 2026

Información

Departamento de persoal

02/06/2026

Listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluidos proceso selección xefe de brigada

EXP: 2026/E001/000007

ANUNCIO

APROBACIÓN DA LISTAXE provisional DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE 1 XEFE DE BRIGADA PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026.

EXPTE.: 2026/E001/000007

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 2 DE XUÑO DE 2026.

          Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía núm. 553/2026 de data 2 de xuño de 2026, mediante o cal se acorda aprobar a listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso de selección dun xefe de brigada, decreto que a continuación se transcribe:

            “DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: APROBACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE 1 XEFE DE BRIGADA AO ABEIRO DO CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN (PEPAC) 2023-2027.

          EXPEDIENTE CONVOCATORIA: 2026/E001/000007

          Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 471/2026 de data 13/05/2026 se aprobaron a bases que rexen a convocatoria de selección para a contratación laboral temporal dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

          Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 91 do 18/05/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.

          Considerando as condicións establecidas na base 3ª que rexe a convocatoria e visto que ten finalizado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no presente proceso selectivo, revisadas as mesmas, de conformidade co previsto na base quinta da convocatoria e en uso das competencias que me atribúe o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, pola presente,

ACORDO:

          Primeiro.- Aprobar a seguinte listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso de selección dun xefe de brigada,

Admitidos provisionalmente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

CELGA 3

1

MAIGLER GARCÍA, ALBERTO

***8997***

NON

2

PEDREIRA IGLESIAS, JUAN CARLOS

***1927**

NON

3

FERNÁNDEZ GÓMEZ, VIOLETA

***2680**

SI

Excluídos provisionalmente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

MOTIVO

EXCLUSIÓN

1

REY FERNÁNDEZ, ALBERTO

***7811**

2 - 4

          Motivos da exclusión:

  1. Non presenta copia documento nacional de identidade (DNI), NIE, pasaporte ou documento equivalente válido en Dereito. (Base 4.2.a).
  2. Non presentar ningunha das titulacións esixibles da base 3.b): “Estar en posesión do título esixible, ou en condicións de obtelo, na data en que termine o prazo de presentación de instancias; a citada titulación será enxeñería de montes, enxeñería técnica forestal, técnico/a superior en xestión forestal e do medio natural, técnico/a en aproveitamento e conservación do medio natural, técnico/a en emerxencias e protección civil ou formación profesional equivalente”.
  3. Non presentar copia do carné de conducir. (Base 3.b).
  4. Non presentar Anexo III das Bases

          O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñece aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a correspondente resolución. Se nun momento posterior se desprende que non se posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos.

          Segundo.- Os aspirantes excluídos provisionalmente, así como os omitidos na relación de admitidos ou excluídos provisionais disporán dun prazo de 3 días hábiles, contados a partires do seguinte ao da publicación do presente decreto no Taboleiro de Anuncios do Concello, para subsanar os defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión das relacións de admitidos e excluídos provisionalmente.

          Terceiro: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción, no taboleiro de anuncios do Concello e, a efectos meramente informativos, na sede electrónica do Concello de Camariñas (sinalándose nesta a data de publicación no taboleiro de anuncios).

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

          Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: