Aprobación bolsa de emprego para a contratación de catro peóns PEL 2026
EXP: 2026/E001/000003
ANUNCIO
PEL – aprobación da bolsa de emprego no procedemento de selección DE CATRO PEÓNS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS 2026 (PEL-concellos 2026).
EXPTE.: 2026/E001/000003
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 04 DE XUÑO DE 2026.
Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía núm. 572/2026 de data 4 de xuño de 2026, mediante o cal se aproba a bolsa de emprego para a contratación de catro peóns para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2026 (PEL-CONCELLOS 2026), decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: APROBACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PEÓNS AO ABEIRO DA SUBVENCIÓN OUTORGADA POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA NO MARCO DO PROGRAMA PEL-CONCELLOS 2026.
EXPTE.: 2026/E001/000003
Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante concurso-oposición, de catro peóns ao abeiro da Convocatoria do Programa PEL-CONCELLOS 2026 da Deputación Provincial, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía núm. 359/2026 de data 9 de abril de 2026 e publicadas no BOP núm. 68 do 14 de abril de 2026.
Considerando o disposto na base 12ª da convocatoria e que a listaxe de aspirantes aprobados formulada polo tribunal, basease na puntuación total/final obtida por estes aspirantes no procedemento a cal figura a continuación:
|
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN TOTAL |
|
1 |
LEMA NOVOA, EVARISTO |
10,00 |
|
2 |
TAJES CANOSA, JOSÉ ANTONIO |
8,00 |
|
3 |
TRILLO PARGA, MIGUEL ÁNGEL |
8,00 |
|
4 |
SOTO ANTELO, JOSÉ MANUEL |
8,00 |
|
5 |
OBREGÓN RODRÍGUEZ, BELKIS YAQUELIN |
4,00 |
|
6 |
PASANTES CANOSA, RAMÓN |
4,00 |
|
7 |
BARREIRO VIGO, Mª ISABEL |
4,00 |
Considerando que mediante decreto da Alcaldía núm. 557/2026 de data 02/06/2026 acordouse, ao abeiro da subvención outorgada pola Deputación da Coruña no marco do Programa PEL-CONCELLOS 2026, a contratación dos catro peóns propostos polo tribunal e que os mesmos xa teñen formalizados os correspondentes contratos.
Visto o Decreto da Alcaldía núm. 520/2026 de data 27/05/2026 no que, aos efectos do previsto na Base 8ª da convocatoria, se acepta a listaxe de reservas para a creación da bolsa de emprego proposta polo tribunal.
Verificado o cumprimento dos requisitos esixidos polas bases da convocatoria e de conformidade co disposto na base 13ª, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
ACORDO:
Primeiro: Aceptar proposta de listaxe de reservas para a creación da bolsa de emprego realizada polo tribunal cualificador do proceso de selección de catro peóns ao abeiro da subvención outorgada pola Deputación da Coruña no marco do Programa PEL-CONCELLOS 2026.
Segundo: Aprobar a seguinte listaxe e orde de chamamento dos integrantes da bolsa de emprego:
|
ORDE DE CHAMAMENTO |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
|
1º |
OBREGÓN RODRÍGUEZ, BELKIS YAQUELIN |
4,00 |
|
2º |
PASANTES CANOSA, RAMÓN |
4,00 |
|
3º |
BARREIRO VIGO, Mª ISABEL |
4,00 |
Terceiro: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.