Sede electrónica Concello de Camariñas

09:08:19 Domingo 14 de xuño 2026

Información

Departamento de persoal

12/06/2026

Publicación listaxe definitiva aspirantes admitidos e excluídos no procedemento peóns brigada

EXP: 2026/E001/000009

ANUNCIO

APROBACIÓN DA LISTAXE definitiva DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN de tres peóns DE BRIGADA PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026.

EXPTE.: 2026/E001/000009

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 12 DE XUÑO DE 2026.

          Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía de data 12 de xuño de 2026, mediante o cal se acorda aprobar a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso de selección de tres peóns de brigada, decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE 3 PEÓNS DE BRIGADA AO ABEIRO DO CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026.

EXPEDIENTE CONVOCATORIA: 2026/E001/000009

          Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 469/2026 de data 13/05/2026 se aprobaron a bases que rexen a convocatoria de selección para a contratación laboral temporal de tres peóns de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

          Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 91 do 18/05/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.

          Visto que en data 2 de xuño de 2026, mediante Decreto 551/2026, foi aprobada a listaxe provisional de admitidos e excluídos, que foi publicada no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas, concedendo aos interesados un prazo de 3 días hábiles, contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución no Taboleiro de Anuncios do Concello, para subsanar os defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión das relacións de admitidos e excluídos.

          Visto que finalizado o antedito prazo non foron presentadas subsanacións ou alegacións de omisión á lista provisional, de conformidade co disposto na lexislación vixente e nas Bases 5ª e 6ª da convocatoria, e tendo en conta as facultades atribuídas a esta Alcaldía polo artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, pola presente,

ACORDO:

          Primeiro.- Proceder á designación nominal dos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, titulares e suplentes, que serán os seguintes:

PRESIDENTE

Titular

Dª Francisco José Puga Bestilleiro, Técnico Deportivo do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª María Emilia García Maneiro, Interventora do Concello de Camariñas

VOGAIS

Titular

Dª Gema Leal Insua, Tesoureira do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Margarita Seijas Carballal, Orientadora Laboral do Concello de Camariñas

 

Titular

Dª Alianza Trillo Cabrejo, Educadora Familiar do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Junquera Vázquez Casal, Psicóloga Departamento Servizos Sociais do Concello de Camariñas

 

Titular

Dª Mª Asunción Méndez Vilalta, Arquitecta Municipal do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Mª José Pasantes Alborés, Educadora de Adultos do Concello de Camariñas

SECRETARIA

Titular

Dª Alicia Queiro Pérez, Técnica Económico Financeira do Concello de Camariñas

 

Suplente

Dª Eva Jardón López, Secretaria do Concello de Camariñas

          Segundo.- Aprobar a seguinte listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres peóns de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026,

          Admitidos definitivamente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

 CELGA 1

1

BRIÓN GARCÍA, MANUEL ÁNGEL

***1632**

SI

2

LUACES CASTRO, DANIEL

***1541**

SI

3

POZA CRESPÍ, GONZALO

***1408**

SI

4

TRIÑANES ÁLVAREZ, BRANDON

***2166**

NON

5

BERMÚDEZ CARRIL, ROBERTO

***2630**

SI

6

BLANCO MARÍA, ALEXIS

***0291**

NON

7

BLANCO MARTÍNEZ, ISMAEL

***1723**

NON

8

IGLESIAS CAAMAÑO, ROBERTO

***0392**

SI

9

PASANTES CANOSA, RAMÓN

***2114**

NON

10

CASTRO CURES, IKER

***5355**

SI

11

MARTÍNEZ BLANCO, PABLO

***9855**

SI

12

MAIGLER GARCÍA, ALBERTO

***8997***

NON

13

TAJES MOUZO, ESTEFANÍA

***5554**

SI

14

CANOSA LISTA, NATALIA

***1286**

SI

15

CARRIL ROMERO, MARINA

***0477**

SI

16

FERNÁNDEZ GÓMEZ, VIOLETA

***2680**

SI

17

SOUTO REGO, DAVID

***1145**

SI

        Excluídos definitivamente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

MOTIVO EXCLUSIÓN

1

ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR PUGNAIRE, GONZALO

***5368**

1-2

Motivos da exclusión:

  1. Non presentar copia DNI (Base 4ª.2).
  2. Non presentar Anexo III das bases.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñece aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a correspondente resolución. Se nun momento posterior se desprende que non se posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos.

          Terceiro.- Que o Tribunal cualificador se reúna para a súa constitución e para realización da 1ª proba da oposición (proba de esforzo físico) o día 17 de xuño de 2025, ás 9:30 horas, na Clínica Carballo en Rúa Tarragona – esquina Paseo Fluvial Baixo - Carballo, e as restantes probas (proba práctia e coñecemento do idioma galego, no seu caso) o día 18 de xuño de 2026, ás 12:00 horas, na Área Recreativa do Ariño - Xaviña.

          Cuarto.- Convocar aos aspirantes admitidos/as para o próximo día 17 de xuño de 2026, ás 9:30 horas, Clínica Carballo na rúa Tarragona, s/n, Esq. Paseo Fluvial. 15100 - Carballo, para a realización da 1ª proba da oposición prevista na base 7ª da convocatoria, proba física de esforzo físico.

          Convocar aos aspirantes que superen a primeira proba para o próximo día 18 de xuño de 2026, ás 12:00 horas, na Área Recreativa do Ariño - Xaviña, para a realización da 2ª proba da oposición prevista na base 7ª da convocatoria, proba práctica.

          Convocar aos aspirantes que superen a segunda proba para o próximo día 18 de xuño de 2026, ás 13:30 horas, no Salón de Pleno do Concello de Camariñas, Praza de Insuela, 57 - Camariñas, para a realización, no seu caso, da 3ª proba da oposición prevista na base 7ª da convocatoria, coñecemento do idioma galego.

Os aspirantes deberán acudir ás probas na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.

Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.

A actuación dos aspirantes no exercicio levarase a cabo por orde alfabética, comezando pola letra “M”, conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2026 (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2026). Ao remate de cada proba o tribunal comunicará a viva voz  o resultado da mesma e se superaron ou non a proba.

Quinto.- Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a título meramente informativo, na Sede Electrónica do Concello de Camariñas.

          Sexto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

          Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: