Anuncio aprobación listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos xefe de brigada
EXP: 2026/E001/000007
ANUNCIO
APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE 1 XEFE DE BRIGADA PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026.
EXPTE.: 2026/E001/000007
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 12 DE XUÑO DE 2026.
Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía de data 12 de xuño de 2026, mediante o cal se acorda aprobar a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso de selección dun xefe de brigada, decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: APROBACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DUN XEFE DE BRIGADA AO ABEIRO DO CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN (PEPAC) 2023-2027.
EXPEDIENTE CONVOCATORIA: 2026/E001/000007
Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 471/2026 de data 13/05/2026 se aprobaron a bases que rexen a convocatoria de selección para a contratación laboral temporal dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.
Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 91 do 18/05/2026 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Visto que en data 2 de xuño de 2026, mediante Decreto 553/2026, foi aprobada a listaxe provisional de admitidos e excluídos, que foi publicada no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas, concedendo aos interesados un prazo de 3 días hábiles, contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución no Taboleiro de Anuncios do Concello, para subsanar os defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión das relacións de admitidos e excluídos.
Visto que finalizado o antedito prazo non foron presentadas subsanacións ou alegacións de omisión á lista provisional, de conformidade co disposto na lexislación vixente e nas Bases 5ª e 6ª da convocatoria, e tendo en conta as facultades atribuídas a esta Alcaldía polo artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, pola presente,
ACORDO:
Primeiro.- Proceder á designación nominal dos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, titulares e suplentes, que serán os seguintes:
|
PRESIDENTE |
Titular |
Dª Francisco José Puga Bestilleiro, Técnico Deportivo do Concello de Camariñas |
|
|
Suplente |
Dª María Emilia García Maneiro, Interventora do Concello de Camariñas |
|
VOGAIS |
Titular |
Dª Gema Leal Insua, Tesoureira do Concello de Camariñas |
|
|
Suplente |
Dª Margarita Seijas Carballal, Orientadora Laboral do Concello de Camariñas |
|
|
Titular |
Dª Alianza Trillo Cabrejo, Educadora Familiar do Concello de Camariñas |
|
|
Suplente |
Dª Junquera Vázquez Casal, Psicóloga Departamento Servizos Sociais do Concello de Camariñas |
|
|
Titular |
Dª Mª Asunción Méndez Vilalta, Arquitecta Municipal do Concello de Camariñas |
|
|
Suplente |
Dª Mª José Pasantes Alborés, Educadora de Adultos do Concello de Camariñas |
|
SECRETARIA |
Titular |
Dª Alicia Queiro Pérez, Técnica Económico Financeira do Concello de Camariñas |
|
|
Suplente |
Dª Eva Jardón López, Secretaria do Concello de Camariñas |
Segundo.- Aprobar a seguinte listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026,
Admitidos definitivamente:
|
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
DNI |
CELGA 3 |
|
1 |
MAIGLER GARCÍA, ALBERTO |
***8997*** |
NON |
|
2 |
PEDREIRA IGLESIAS, JUAN CARLOS |
***1927** |
NON |
|
3 |
FERNÁNDEZ GÓMEZ, VIOLETA |
***2680** |
SI |
Excluídos definitivamente:
|
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
DNI |
MOTIVO EXCLUSIÓN |
|
1 |
REY FERNÁNDEZ, ALBERTO |
***7811** |
2 - 4 |
Motivos da exclusión:
O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñece aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a correspondente resolución. Se nun momento posterior se desprende que non se posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos.
Terceiro.- Que o Tribunal cualificador se reúna para a súa constitución e para realización da 1ª proba da oposición (proba de esforzo físico) o día 17 de xuño de 2026, ás 8:30 horas, na Clínica Carballo en Rúa Tarragona – esquina Paseo Fluvial Baixo - Carballo, e as restantes probas (proba práctica e coñecemento do idioma galego, no seu caso) o día 18 de xuño de 2026, ás 9:00 horas, no salón de plenos do Concello de Camariñas.
Cuarto.- Convocar aos aspirantes admitidos/as para o próximo día 17 de xuño de 2026, ás 8:30 horas, Clínica Carballo na rúa Tarragona, s/n, Esq. Paseo Fluvial. 15100 - Carballo, para a realización da 1ª proba da oposición prevista na base 7ª da convocatoria, proba física de esforzo físico.
Convocar aos aspirantes que superen a primeira proba para o próximo día 18 de xuño de 2026, ás 9:00 horas, no Salón de Pleno do Concello de Camariñas, Praza de Insuela, 57 - Camariñas, para a realización da 2ª proba da oposición prevista na base 7ª da convocatoria, proba práctica.
Convocar aos aspirantes que superen a segunda proba para o próximo día 18 de xuño de 2026, ás 13:00 horas, no Salón de Pleno do Concello de Camariñas, Praza de Insuela, 57 - Camariñas, para a realización, no seu caso, da 3ª proba da oposición prevista na base 7ª da convocatoria, coñecemento do idioma galego.
Os aspirantes deberán acudir ás probas na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.
Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.
A actuación dos aspirantes no exercicio levarase a cabo por orde alfabética, comezando pola letra “M”, conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2026 (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2026). Ao remate de cada proba o tribunal comunicará a viva voz o resultado da mesma e se superaron ou non a proba.
Quinto.- Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a título meramente informativo, na Sede Electrónica do Concello de Camariñas.
Sexto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.