Sede electrónica Concello de Camariñas

00:29:41 Sábado 27 de xuño 2026

Información

Departamento de persoal

25/06/2026

Publicación decreto aceptación proposta contratación do tribunal do proceso selectivo xefe brigada

EXP: 2026/E001/000007

ANUNCIO

ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN dun xefe DE BRIGADA AO ABEIRO DO CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026.

EXPTE.: 2026/E001/000007

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 25 DE XUÑO DE 2026.

          Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía de data 25 de xuño de 2026, mediante o cal se acorda aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación dos candidatos para o posto de xefe de brigada, decreto que a continuación se transcribe:

          “ DECRETO DA ALCALDÍA

          Asunto: SELECCIÓN DUN XEFE DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS 2026

             EXPEDIENTE: 2026/E001/000007

          Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante oposición, dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía núm. 470/2026 de data 13/05/2026e publicadas no BOP número 91 do 18/05/2026.

          Resultando que en data 25/06/2026 foi publicada a acta do tribunal onde figura o resultado final do procedemento de selección, a relación de candidatos coas puntuacións totais acadadas, a relación de candidatos aprobados e a relación de candidatos propostos para a contratación.

          Considerando que a proposta de contratación dun xefe de brigada que fai o tribunal baséase na puntuación total/final obtida polos aspirantes, sendo o proposto o primeiro aspirante da listaxe ordenada por puntuacións totais/finais, isto é:

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN TOTAL

1

FERNÁNDEZ GÓMEZ, VIOLETA

18,40

          Vista, pois, a relación de candidatos aprobados e que o tribunal ten elevada a proposta de contratación do xefe de brigada.

          De conformidade co disposto na base 8ª e 9ª da convocatoria, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

          Primeiro: Aceptar a listaxe de aprobados formulada polo tribunal cualificador no proceso de selección para a contratación dun xefe de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026.

          Segundo: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación da seguinte candidata para o posto de xefe de brigada, segundo a puntuación final, de maior a menor, obtida polos aspirantes aprobados que a continuación se indica:

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN TOTAL

FERNÁNDEZ GÓMEZ, VIOLETA

18,40

          Terceiro: Requirir á aspirante proposta, Dª Violeta Fernández Gómez, para que dentro do prazo máximo de 3 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, proceda a presentar a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.

          Cuarto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.

          Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

          Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: