Public. decreto aceptación prop. tribunal contrat. requr. proceso selectivo peóns brigada
EXP: 2026/E001/000009
ANUNCIO
ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DE TRES PEÓNS DE BRIGADA AO ABEIRO DO CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026.
EXPTE.: 2026/E001/000009
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 25 DE XUÑO DE 2026.
Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía de data 25 de xuño de 2026, mediante o cal se acorda aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación dos candidatos para o posto de peón de brigada, decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DE TRES PEÓNS DE BRIGADA AO ABEIRO DO CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026.
EXPEDIENTE: 2026/E001/000009
Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante oposición, de tres peóns de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 23/6/2025 e publicadas no BOP número 91 do 18/05/2026.
Resultando que en data 25/06/2026 foi publicada a acta do tribunal onde figura o resultado final do procedemento de selección, a relación de candidatos coas puntuacións totais acadadas, a relación de candidatos aprobados e a relación de candidatos propostos para a contratación.
Considerando que a proposta de contratación de tres peóns de brigada que fai o tribunal baséase na puntuación total/final obtida polos aspirantes, sendo os propostos os tres primeiros aspirantes da listaxe ordenada por puntuacións totais/finais, isto é:
|
Nº |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN TOTAL |
|
1 |
BLANCO MARÍA, ALEXIS |
32,00 |
|
2 |
LUACES CASTRO, DANIEL |
31,50 |
|
3 |
SOUTO REGO, DAVID |
30,50 |
|
4 |
BERMÚDEZ CARRIL, ROBERTO |
30,00 |
|
5 |
BLANCO MARTÍNEZ, ISMAEL |
29,60 |
|
6 |
IGLESIAS CAAMAÑO, ROBERTO |
29,50 |
Vista, pois, a relación de candidatos aprobados e que o tribunal ten elevada a proposta de contratación de tres peóns de brigada.
De conformidade co disposto na base 8ª e 9ª da convocatoria, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
ACORDO:
Primeiro: Aceptar a listaxe de aprobados formulada polo tribunal cualificador no proceso de selección para a contratación de tres peóns de brigada ao abeiro do convenio entre a consellería do medio rural e a entidade local, Concello de Camariñas, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026.
Segundo: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación dos seguintes candidatos para o posto de peón de brigada, segundo a puntuación final, de maior a menor, obtida polos aspirantes aprobados que a continuación se indica:
|
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN TOTAL |
|
BLANCO MARÍA, ALEXIS |
32,00 |
|
LUACES CASTRO, DANIEL |
31,50 |
|
SOUTO REGO, DAVID |
30,50 |
Terceiro: Aos efectos do previsto na Base 8ª da convocatoria, acéptase a proposta realizada polo tribunal e queda aprobada a Bolsa de emprego para a contratación dun peón-condutor de brigada, coa orde de chamamento de puntuación total final, de maior a menor, obtida polos aspirantes aprobados que a continuación se indica:
|
ORDE DE CHAMAMENTO |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN TOTAL |
|
1º |
BERMÚDEZ CARRIL, ROBERTO |
30,00 |
|
2º |
BLANCO MARTÍNEZ, ISMAEL |
29,60 |
|
3º |
IGLESIAS CAAMAÑO, ROBERTO |
29,50 |
Cuarto: Requirir aos aspirantes propostos, D. Alexis Blanco María, D. Daniel Luaces Castro e D. David Souto Rego, para que dentro do prazo máximo de 3 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, procedan a presentar a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.
Quinto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.