Publicación decreto aceptación proposta contratación do tribunal do proceso selectivo tres peóns RA
EXP: 2026/E001/000006
ANUNCIO
ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DE tres PEÓNS PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS (PROGRAMA GALICIA SUMA TALENTO: RURAL ACTIVO 2026).
EXPTE.: 2026/E001/000006
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 27 DE XULLO DE 2026.
Para xeral coñecemento faise público o Decreto da Alcaldía de data 27 de xullo de 2026, mediante o cal se acepta a proposta realizada polo tribunal cualificador de tres peóns forestais para o servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias (PROGRAMA GALICIA SUMA TALENTO: RURAL ACTIVO 2026), decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DE TRES PEÓNS PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS AO ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL (PROGRAMA GALICIA SUMA TALENTO: RURAL ACTIVO 2026) E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN.
EXPEDIENTE: 2026/E001/000006
Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante concurso-oposición, de tres peóns forestais para o servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias, ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR351G).
Considerando que a proposta de contratación de peóns que fai o tribunal basease na puntuación final obtida polos aspirantes, aplicándose no caso de empate o reflexado nas bases da convocatoria, sendo o proposto o primeiro/a aspirante da listaxe ordenada por puntuacións finais, isto é:
|
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
|
1 |
CARRIL ROMERO, MARINA |
19,00 |
|
2 |
ALVES CARRIL, ADRIAN |
18,00 |
|
3 |
LEMA MARTINEZ, FLORINDO |
17,5 |
|
4 |
RODRIGUEZ CABEZA, EDUARDO |
11,5 |
Visto que así mesmo o tribunal ten elevado a correspondente listaxe por orde decrecente de puntuación totais/finais do/s aspirante/s que non acadaron a maior puntuación final e que non teñen dereito a formalización do contrato de traballo, aos efectos da creación dunha bolsa de emprego.
Visto, pois, o disposto na base 8ª da convocatoria, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
ACORDO:
Primeiro: Aceptar a listaxe de aprobados formulada polo tribunal cualificador no proceso de selección para a contratación de tres peóns ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde do 22 de xaneiro de 2026, pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo.
Segundo: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación de Dª Marina Carril Romero, D. Adrián Alves Carril e D. Florindo Lema Martínez, para os postos de peóns para o servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias.
Terceiro: Requirir aos aspirantes propostos, Dª Marina Carril Romero, D. Adrián Alves Carril e D. Florindo Lema Martínez, para que dentro do prazo máximo de 3 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, proceda a presentar a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.
Cuarto: Aos efectos do previsto na Base 8ª da convocatoria, acéptase a listaxe de aspirante/s que non acadaron a maior puntuación final e que non teñen dereito a formalización do contrato de traballo e queda establecida a seguinte bolsa de traballo:
|
ORDE DE CHAMAMENTO |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
|
1 |
RODRIGUEZ CABEZA, EDUARDO |
11,5 |
Quinto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.